Pelerinaxes I é un libro de viaxes escrito por Ramón Otero Pedrayo, con prólogo e debuxos de Vicente Risco, editado por vez primeira en setembro de 1929 pola Editorial Nós.

Características

O libro conta a viaxe realizada en xullo de 1927 por Otero Pedrayo (que na altura contaba con 39 anos de idade), Vicente Risco (tiña 42 anos) e Xosé Ramón Fernández-OxeaMestre, dous anos antes, en 1925, fora destinado a Cariño. (31 anos), desde Ourense até o santuario de Santo André de Teixido. O texto inclúe un prólogo de Vicente Risco, no que explica que a viaxe se debe ao interese por coñecer a súa terra a pé, sen facelo como turistas nin en vehículos motorizados, e tamén con propósito científico, ao recadar coñecementos de xeografía, etnografía e socioloxía galega. miniatura|Santo André de Teixido.

O texto combina a erudición poética de Otero á hora de describir a paisaxe, coa fina ironía e o talento artístico de Risco.

Viaxe A viaxe comeza o luns 4 de xullo na praza do Ferro de Ourense, preto da rúa da Paz onde naceran e vivían Risco e Pedrayo. Cruzan o Miño pola ponte Nova e seguen a estrada de Santiago de Compostela. Collen o Camiño Real até Cudeiro e logo a estrada por Sobral e Gustei. Seguen cara a Cambeo e O Empalme da estrada de Santiago de Compostela coa de Lugo, onde toman a parva. Continúan cara a Reádegos e A Pena, onde estaba a vella casa consistorial de Vilamarín, e pouco despois deixan a estrada e toman os camiños que descenden o val do Barbantiño, cara a León e O Río. Xantan nunha pousada de Pazos, e pola tarde seguen polas Lamas da Aguada, Trasar de Sabugueiro e Trasar de Carballo, até chegaren a Viana.

Ó día seguinte saen por Axulfe e Comezo cara a Riazón e Nuxilde, onde se acollen nun forno. Seguen por Penasillás e San Cristovo até a estrada de Chantada a Rodeiro (a posterior C-533, actual LU-213), e van xantar a San Vicente (Argozón). Seguen por Xestoso, Campos e Susá até Cerdeda, e despois atravesan A Cal de Mourelle, Olveda, Pereiras, Amoexa e Caira. Finalmente chegan até Casa de Naia e Monterroso, onde Otero compón unha oda ao xamón. Dormen no hotel Palace. O mércores 6 visitan a vila e a igrexa de Esporiz, sobre a que Ben-Cho-Shey fai un artigo para a revista Céltiga que aparece incluído no texto. Pola tarde saen cara a Palas de Rei, onde os acolle o boticario Avelino García Armesto. miniatura|250px|Ó xamón, en Monterroso, 5 de xullo de 1927. O día 7 collen o autobús Castromil até Lugo. Alí reúnense con Evaristo Correa Calderón, e xantan no mesón Santa Comba con el e outros amigos. Despois de facer sobremesa no Circo das Artes retoman a ruta cara a Outeiro de Rei e Rábade, onde dormen. O venres 8 de xullo xantan bacallau no mesón de Gaibor, e ás catro da tarde chegan a Vilalba, onde os agarda Antonio Noriega Varela.

O sábado 9 de xullo Noriega acompáñaos un pedazo pola estrada das Pontes de García Rodríguez. Xantan no mesón de Candamil, onde Risco cura as vinchocas de Otero. O domingo pola mañá Risco e Fernández-Oxea queren seguir camiñando cara a Ortigueira, e Otero Pedrayo vai até aló nun vehículo. Naquela vila tiñan previsto que Risco ofrecese unha conferencia galeguista, mais finalmente foi prohibida polas autoridades.

O luns 11 de xullo (festividade de san Bieito de Nursia) cruzan a ría saíndo de Ortigueira en barca motora ata a beira occidental. Otero indica que van ata até Mera, pero é unha confusión (véxase nota 3) pois o lugar correcto é a punta de Fornelos (San Adrián de Veiga), situada fronte ao peirao de Ortigueira; ir ata Ponte Mera, no fondo da ría ortigueiresa, sería atrasar o recorrido). Alí agardan por eles varios amigos de Cariño que os acompañan no tramo final. Otero Pedrayo non pode camiñar e vai de a cabalo nun faco. Na reitoría de Santo André toman café e fuman co crego, Manuel Miragaya, ao que Otero chama erroneamente Andrés. Finalmente diríxense cara a Cariño para iniciar o camiño de volta.

O martes 12 xantan en Cariño cos amigos que os acompañaron e mais co crego daquel porto. Despois cruzan a ría de Ortigueira en sentido inverso ata Espasante, na beira oriental.Así o recolle o semanario La Voz de Ortigueira en 1927 na noticia "Visita de los intelectuales". Ver o artigo "Pelerinaxes", de Luli Dopico. La Voz de Ortigueira, 9.10.25 Alí collen un auto até Viveiro, onde saúdan a Ramón Villar Ponte. Logo continúan en auto até Mondoñedo, Vilalba e Lugo, e desde alí van en tren até Monforte de Lemos e Ourense.

Edicións e obras relacionadas O libro apareceu publicado por editado pola Editorial Nós en setembro de 1929. En 1993 Ediciós do Castro fixo unha edición facsimilar, e en xuño de 2017 foi publicado de novo por Editorial GalaxiaPelerinaxes. Itinerario de Ourense ao San Andrés de Teixido , ficha do libro no sitio web de Galaxia..

A raíz da viaxe orixinal outras persoas fixeron o mesmo percorrido e a crónica correspondente. En 1984 os xornalistas Valentín González Carrera e Miguel Losada foron con dous amigos, e escribiron o libro Viaje al fin de los mundos (Deputación da Coruña, 1987). En 1988, co gallo do 100 aniversario do nacemento de Otero Pedrayo, os biólogos Rodrigo Pérez Pintos, Pura Marcet Miramontes e Fernando Sedano fixeron a ruta, que deu pé no Atlántico Diario ao texto Paseo por un país arrasado.

En 2015 Santiago Lamas e Alfonso Mato gañaron o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio coa obra De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de nós ao cabo do mundo. Neste texto analizan o libro de Otero Pedrayo e comparan o itinerario con outras obras literarias sobre viaxes, peregrinacións e rutas turísticas. Nese mesmo ano, o historiador Carlos Breixo, hoxe Cronista Oficial de Ortigueira, publicou en internet un completo estudo histórico-cultural titulado Pelerinaxes I. Unha revisión da viaxe de Ourense a Santo André de Teixido..., no marco dun programa da AELGA patrocinado polas deputacións da Coruña e Lugo, dispoñible en galego, castelan e inglés.

En 2016 editouse o filme Pelerinaxes, dirixido por Simone Saibene e interpretado por Carmen Méndez, Alfonso Míguez, Isabel Risco e Ruth Sabucedo. Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisuais, percorre as oito etapas do camiño entre Ourense e Santo André de Teixido para rematar un proxecto audiovisual iniciado na universidade xunto cun compañeiro, finado anos atrás nun accidentePelerinaxes, ficha da película en Film Affinity. Pelerinaxes, ficha da película na web da Editorial Galaxia..

En 2019 Santiago Lamas e Moncho Conde-Corbal publicaron O noso camiño. Guía pelerinaxe Ourense-Santo André de Teixido, co que pretenden revitalizar esa ruta de peregrinación, dividíndoa en 11 etapas, que describen achegando datos moi detallados das aldeas e localidades polas que pasa o camiño, os monumentos e lugares de interese, así co o mapas e datos cartográficos moisés útiles.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

e (2016): De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de Nós ao cabo do mundo. Ed. Galaxia. ISBN 9788498656916

Outros artigos No camiño de San-Yago Galicia (Francisco Fernández del Riego) Ligazóns externas , Xabier: "Pelerinaxes I", Os libros de Ánxel Casal, 30 de agosto de 2013.

Categoría:Obras literarias de 1929 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Otero Pedrayo Categoría:Libros de viaxes sobre Galicia Categoría:Peregrinación