Antolín Silva Vicente, nado na Guarda en 1872 e finado na mesma vila en 1943, foi un empresario e político galego.
Traxectoria Foi emigrante a Porto Rico seguindo os pasos do seu irmán máis vello Primitivo Silva Vicente. En Porto Rico traballou nos negocios de tabaco do tamén guardés Luciano Lomba Vicente. Retornou a Galicia e montou unha cetaria de lagostas. Foi elixido como vogal da Sociedad Pro-Monte de Santa Tecla entre 1912 e 1919. Na Segunda República foi elixido concelleiro da Guarda en 1931 e foi síndico. Ocupou a alcaldía entre maio de 1933 e marzo de 1936. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi perseguido. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 18-5-1945, p. 1731.
Vida persoal
Casou en 1898 con Antonia Raimunda Giestal González.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Antolín Silva Vicente
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes da Guarda Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados na Guarda Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes