A Annona purpurea é unha planta tropical da familia Annonaceae distribuída por América Central e zonas de América do Sur. miniatura|Vista do froito miniatura|Vista do froito

Descrición

É unha árbore froiteira caducifolia de 6 a 10 metros de altura máxima con follas grandes, vilosas e flores moi fragrantes. Ten un froito comestible, similar ao da chirimoia, arredondado, de 15 a 20 cm de largo e cuberto cunha tona verde-marrón de textura feltrosa con proxeccións en forma de gancho. A polpa deste, de cor alaranxada e consistencia fibrosa, é similar no cheiro, aparencia e sabor a algunhas variedades da manga. Contén moitas sementes.

Historia A especie Annona purpurea foi identificada pola primeira vez polos botánicos José Mariano Mociño e Martín Sessé durante a expedición botánica ao Vicerreinado de Nova España (1787-1803) que mandou o rei Carlos III de España. O traballo de Mociño e Sessé encóntrase nas coleccións do Hunt Institute for Botanical Documentation, que conteñen ilustracións da flor da Annona purpurea realizadas por Mociño e Sessé.

Propiedades A planta é medicinal. En México, o zume é considerado como un remedio para a febre e os calafríos. Noutros lugares úsase para aliviar a ictericia (probablemente por causa da súa cor). A decocción da casca é eficaz contra a disentería e adminístrase un té da casca interna en caso de edema. Taxonomía Annona purpurea foi descrita por Moc. & Sessé ex Dunal e publicado en Monographie de la famille des Anonacées 64, t. 2. 1817. Etimoloxía Annona: nome xenérico que deriva do taíno Annon.

purpurea: epíteto latíno que significa "de cor púrpura".En Epítetos Botánicos Sinonimia Annona involucrata Baill. Annona manirote Kunth Annona prestoei Hemsl.

Nomes comúns nos lugares de cultivo Chincuya, chincua, cabeza de negro (México), sencuya, cabeza de muerto, matacay o mutucuy (Guatemala), soncuya (Honduras), anona sincuya (O Salvador), toreta, soncoya (Costa Rica), guanábana torete (Panamá), catiguire, tucuria, manire (Venezuela).en el IPNI, International Plant Name Index]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cabrera Cano, E. F., E. Hernández Martínez, J. Salvador Flores & C. Salazar Gómez. 2004. Annonaceae de la Península de Yucatán. Etnofl. Yucatanense 21: 1–63. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México. Correa A., M.D., C. Galdames & M. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama. Funk, V. A., P. E. Berry, S. Alexander, T. H. Hollowell & C. L. Kelloff. 2007. Checklist of the Plants of the Guiana Shield (Venezuela: Amazonas, Bolivar, Delta Amacuro; Guyana, Surinam, French Guiana). Contr. U.S. Natl. Herb. 55: 1–584. View in Biodiversity Heritage Library Hokche, O., P. E. Berry & O. Huber. (eds.) 2008. Nuevo Cat. Fl. Vasc. Venezuela 1–860. Fundación Instituto Botánico de Venezuela, Caracas. Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Cat. Vasc. Pl. Ecuador, Monogr. Syst. Bot. Miss. Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181. Missouri Botanical Garden, St. Louis. Linares, J. L. 2003 . Listado comentado de los árboles nativos y cultivados en la república de El Salvador. Ceiba 44(2): 105–268. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118. Nelson, C. H. 2008. Cat. Pl. Vasc. Honduras 1–1576. Pérez, A., M. Sousa Sánchez, A. M. Hanan-Alipi, F. Chiang Cabrera & P. Tenorio L. 2005. Vegetación terrestre. 65–110. In Biodivers. Tabasco. CONABIO-UNAM, México.

Ligazóns externas Fichas botánicas: Annona purpurea (Toreta), ficha do Center for Tropical Forest Science de Panamá Annona purpurea (Toreta, Soncoya.) , ficha do Instituto Nacional de Biodiversidad de Costa Rica Annona purpurea (Soncoya, Soncoyo), ficha da web da Área de conservación Guanacaste, Costa Rica Annona purpurea (Soncoya), ficha do CATIE (Centro Agronómico Tropical de Investigación y Enseñanza) Annona purpurea (Soncoya), ficha da Universidade de Purdue (en inglés)

Outros: Intercambio entre afeccionados sobre a sementeira da Annona purpurea e da Annona crassiflora, no foro de The Cloudforest Cafe (en inglés)

Outros artigos Annonáceas Chirimoia Guanábana

Categoría:Annona Categoría:Froiteiras Categoría:Flora de América do Sur