Antonio Cendón González, nado en Lousado (Piñor) o 30 de xaneiro de 1837 e finado no Carballiño o 9 de marzo de 1863, foi un pintor e caricaturista galego. Traxectoria miniatura|Paisaxe da Ponte de Ourense. Fillo de Juan Cendón Carvallal, mestre de cantería e experto en fábricas de papel, e Juana González. Estudou en Ourense e Santiago de Compostela, marchando despois a Madrid, onde traballou como miniador de fotos nos estudios de Juliá e Laurent, introducindo en España as caricaturas fotográficas, e pintor de paisaxes. Obtivo éxito coas caricaturas de celebridades da política, das letras e das artes.
Finou aos vinte e seis anos de idade, de "calenturas", segundo os rexistros da época.
Véxase tamén Bibliografía (1886). Los precursores. A Coruña, Biblioteca Gallega, La Voz de Galicia. Ligazóns externas "Paisaxe da ponte de Ourense. Antonio Cendón" Peza do mes, setembro de 2011. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Categoría:Caricaturistas de Galicia Categoría:Pintores de Galicia do século XIX Categoría:Nados en Piñor Categoría:Nados en 1837 Categoría:Finados en 1863 Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Finados por doenza