O polo ao allo é un prato da cociña española cuxo principal ingrediente é a carne de polo. Trátase dunha preparación moi popular e de baixo custo que se adoita ofrecer en menús de moitos restaurantes españois.Elena Figueras Albi, (2009), Bueno, bonito y barato: 200 recetas tan ricas como económicas, Debolsillo, Madrid, pag. 210-211 Acostúmase servir quente acompañado con diversas gornicións de patacas, champiñóns ou ensaladas.
Características É unha preparación que precisa de diversas partes do polo troceadas en anacos, sacando aproximadamente entre tres e catro anacos de cada cuarto. Cada anaco adúbase e aromatízase con pementa. Todos a carne faise nunha ola con aceite fervendo. Unha vez dourados por igual, retíranse e no aceite restante tórranse allos e un chile. Logo disto, guísase o polo cun chisco de viño branco e zume de limón (nalgúns casos vinagre). Por veces, vértese unha pequena cantidade de mollo español (ou un caldo de polo) para achegar un mesto caldo á preparación final. Existen preparacións do pollo ao allo nas que ó comezo os anacos de polo dóuranse ao forno e despois guísanse ao allo con viño branco e un caldo.
Notas
Categoría:Gastronomía de España Categoría:Pratos de carne