Trece anos de Branca é un libro de Agustín Fernández Paz publicado en 1994 por Edicións Xerais. Nese mesmo ano gañou o Edebé de Literatura Xuvenil.
Nun principio a obra era un relato curto que figuraba no libro Rapazas (1993), mais acabou por converterse nun libro. Segundo o propio autor "é unha novela intimista, máis de sentimentos que de accións, pero de lectura áxil e agradable".
Sinopse Branca é unha nena que cae enferma de hepatite cando vai cumprir trece anos, e debe pasar na cama unha tempada. Iso permítelle lembrar intres importantes da súa vida, ó tempo que o lector descobre a súa personalidade e os seus sentimentos máis íntimos.
Traducións Está traducido a linguas como o catalán (Tretze anys de Blanca, tradución de Joan Hernández Pau), o castelán (Trece años de Blanca; tradución de Rosa M. Vilariño) e o éuscaro (Albak hamahiru urte, tradución de Iñaki Ugarteburu).
Premios 1994: Premio Edebé de Literatura Xuvenil.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Trece anos de Branca en agustinfernandezpaz.gal
Categoría:Obras literarias de 1994 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Agustín Fernández Paz Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Edicións Xerais de Galicia