Rui Pedro dos Santos Patrício, máis coñecido como Rui Patrício, nado en Regueira de Pontes, Leiria, o 15 de febreiro de 1988, é un futbolista profesional portugués que xoga como porteiro para o Sporting Clube de Portugal da Primeira Liga. É neste club no que pasou gran parte de toda a súa carreira, debutando no primeiro equpo con tan só 18 anos e xogando preto de 300 partidos oficiais. A nivel internacional, convocado con todas as categorías inferiores, Patrício debuta coa selección absoluta en 2010. Foi o porteiro da súa selección no Mundial do Brasil 2014 e do equipo campión da Eurocopa de Francia 2016.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Soccer Way Perfil en Transfermarkt

Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Xogadores do Sporting Clube de Portugal Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no distrito de Leiria Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024