Santo Estevo do Castro de Amarante é unha parroquia do concello lugués de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2013 tiña 104 habitantes (53 mulleres e 51 homes), 39 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.
Toponimia O topónimo Santo Estevo do Castro de Amarante ten tres elementos: Santo Estevo é un haxiónimo referido a Estevo, mártir; Castro fai referencia a un poboado castrexo; Amarante ten orixe no nome de posuidor de orixe latina Amarantus (a través da forma en xenitivo ), relacionado coa herba do amaranto.
Patrimonio Neste lugar está a Fortaleza de Castro de Amarante.
Festas Celébranse festividades na honra de san Francisco, san Bartolomeu e santo Estevo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Santo Estevo do Castro de Amarante
Parroquias de Antas de Ulla
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Antas de Ulla
Categoría:Parroquias de Antas de Ulla Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo