Santutxu é un barrio do distrito de Begoña da cidade de Bilbao. Ten unha superficie de 8,06 km² e unha poboación de 33.346 habitantes (2008).
Limita ao norte con Begoña, Iturrialde, Solokoetxe e Atxuri, ao sur con Bolueta, ao leste con Txurdinaga e ao oeste con Abusu.
Santutxu ("santiño") é o resultado da unión da palabra Santu ("santo" en éuscaro) e o sufixo diminutivo txu e debe o seu nome á ermida dedicada a San Francisco de Paula, levantada en 1737. Debido ao pequeno tamaño tanto do santo como da ermida, recibiu o nome popular de santutxu.
Categoría:Barrios de Bilbao