Sonia Ferrer González, nada en Barcelona o 26 de setembro de 1977, é unha actriz, modelo e presentadora española.
Traxectoria Cursou os seus primeiros estudos no C.P. La Caixa, no barrio barcelonés da Verneda, en Sant Martí.
Deuse a coñecer nunha mini serie de 13 capítulos que rodou para TVE Catalunya, Happy House. Ademais presentou para Vía Dixital na Canle Cosmopolitan, o programa Café Cosmopolitan e entre 2000 e 2008 copresenta xunto a Pepa Bueno primeiro e María José Molina máis tarde o programa Gente de TVE-1.
En maio de 2006, TVE escolleuna como representante do ente público para dar o resultado das votacións españolas no Festival da Canción de Eurovisión.
En abril de 2007 faise cargo, ademais, da presentación do concurso Lluvia de estrellas, tamén en Televisión Española. En 2011 co-presenta, xunto a Melchor Miralles, o programa de debate político Con voz y voto en Telemadrid.
Sonia Ferrer estivo seis anos na prestixiosa academia de ballet de París Rosella Hightower e fala inglés e francés, ademais do catalán e do castelán. Realizou estudos de Técnico en Empresas Turísticas e de Locución, Redacción e Presentación en Radio e Televisión. Presentou varias galas de TVE e rodou para o cinema a película Lisístrata e a telenovela Luna negra para TVE, na que interpretaba a unha moza de 30 anos e nai solteira.
Sonia Ferrer tamén foi modelo.
Desde xullo e ata setembro de 2013 co-presentou en Telecinco o programa Campamento de verano, xunto a Joaquín Prat.
Desde o 4 de febreiro de 2015 colabora no programa Amigas y conocidas de Televisión Española.
Actriz Televisión 1999: Happy House, como Yolanda (1 episodio). 2003: Luna negra, como Mati (3 episodios). 2004: ¿Se puede?, como Varios Personajes, xunto a Lina Morgan (1 episodio).
Cine 2002: Lisístrata, como Sonia. 2007: Donkey Xote, como Dulcinea (voz). 2011: 8, como La Mujer (curtametraxe).
Teatro 2008-2009: Felices 30.
Presentadora Programas Gente, en La 1 (2000-2008). Lluvia de estrellas en La 1 (2007). Aquí no hay playa, en Telemadrid (2009). Con voz y voto en Telemadrid (2011). Campamento de verano en Telecinco (2013).
Galas Cartagena te conquistará, en 2002. Murcia, que hermosa eres, en 2004. Contigo, en 2004. Gala de La Rioja, en 2006. Quién me iba a decir (Especial David Bisbal), en 2006. Eurovisión 2006 (voceira dos votos españois), en 2006.
Outros Telepasión Española en La 1 (2000). Invitada. Gran Prix en La 1 (2002-2003). Madrina. Pasapalabra en Telecinco (2004-2014). Invitada (26 ocasións). Palabra por palabra en La 1 (2008). Invitada. Password en Cuatro (2009). Invitada. ¡Mira quién salta! en Telecinco (2013). Concursante. Amigas y conocidas en La 1 (2015). Colaboradora.
Vida persoal Sonia casou en agosto de 2007 co cirurxián italiano Marco Vricella e ten unha filla, Laura, nacida en Madrid en 2010. En outubro de 2006, foi portada e realizou unha ampla reportaxe fotográfica para a revista Interviú. O 9 de abril de 2013 faise pública a separación entre Sonia e Marco.
En xuño de 2013 confírmase que a presentadora mantén unha relación sentimental co xinete Álvaro Muñoz Escassi que foi confirmada tras o seu paso por ¡Mira quién salta! onde se coñeceron ambos.Álvaro Muñoz Escassi e Sonia Ferrer, xuntos En xaneiro de 2015 poñen punto final á súa relación.Sonia Ferrer e Esccasi rompen a súa relación
Notas
Categoría:Presentadores de televisión de Cataluña Categoría:Actores de Cataluña Categoría:Modelos femininas de España Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1977