miniatura|300px|A Federación de Librarías de Galicia organiza as feiras do libro (coma esta en Vigo en 2016) e as feiras do libro antigo e de ocasión, en varias vilas de Galicia.

A Federación de Librarías de Galicia constituíuse o 29 de outubro de 1977 como unha asociación integrada polos libreiros con establecemento aberto en Galicia.

Integrada actualmente por máis de 145 librarías de toda Galicia, leva máis de 45 anos traballando pola defensa dos intereses comúns do sector, e fomentar o crecemento do número de lectores con diversas campañas.

Descrición O obxectivo da asociación é promover e defender os intereses colectivos do sector libreiro. A Federación organiza e colabora na organización de actividades culturais, recreativas ou sociais, como os Premios Follas Novas. Ademais, participa activamente en datas especiais para o fomento da lectura: o Día das Letras Galegas, o Día do Libro, e Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Ten a súa sede na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

A composición da xunta directiva, dende decembro de 2023, é a seguinte:https://www.librarias.org/es/junta-directiva Presidenta: Cielo Fernández (Librería Bahía, Foz). Vicepresidente: Óscar Porral (Libraría Bandini, Bertamiráns). Secretaria: Celia Fernández (Librería Espazo Lector Nobel, Ourense). Tesoureiro: Jacobo Rodríguez Agrasar (Librería Agrasar, Monforte de Lemos). Contadora: Patricia Porto (Libraría Lila de Lilith, Santiago de Compostela).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da Federación

Categoría:Asociacións de Galicia Categoría:Edición en Galicia Categoría:Librarías