O Gran Premio de Italia de 2016, oficialmente coñecido como o Il Gran Premio d'Italia Heineken 2016 é unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 4 de setembro de 2016, no Autodromo Nazionale Monza en Monza, Italia. Foi a décimo cuarta carreira do campionato de , o oitenta e sete Gran Premio de Italia e o sesaxésimo quinto Gran Premio de Italia celebrado en Monza.
O piloto de Mercedes Lewis Hamilton vai comezar a carreira liderando o Campionato do Mundo de Pilotos por nove puntos de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo Nico Rosberg. No Campionato Mundial de Construtores, Mercedes mantén unha vantaxe de cento oitenta e un puntos. Red Bull Racing colócase segundo e Ferrari terceira.
Informe
Antecedentes
Pneumáticos Pirelli fornecera aos equipos cos compostos medio, brandos e superbrandos. Pirelli prevé que a diferenza entre os diferentes compostos sería menos dun segundo por volta, coas diferenzas entre brando e superbrando ao redor de 0,7 segundos, e a diferenza entre brando e medio aproximadamente 0,9 segundos.
Carreira
Saíu mal Lewis Hamilton e o liderado foi para Nico Rosberg na primeira curva. Seguido moi de cerca polos dous Ferraris, con Sebastian Vettel por diante de Kimi Räikkönen. Valtteri Bottas é cuarto. Xusto por detrás do finlandés aparecen Daniel Ricciardo e Lewis Hamilton. na 2ª volta Fernando Alonso é noveno por detrás de Felipe Massa. Carlos Sainz, ocupa a décimo cuarta praza e vai en busca e captura de Pascal Wehrlein. No grupo de cabeza de carreira, Lewis Hamilton recuperou unha praza ao adiantar limpamente ao Red Bull de Daniel Ricciardo. Na 7ª volta abandona Nasr, o piloto de Sauber retirase do GP de Italia, tras sufrir un toque con Palmer. Na 10ª volta a clasificación é a seguinte Rosberg, Vettel, Räikkönen, Bottas, Hamilton, Ricciardo, Pérez, Massa, Verstappen e Alonso.
Hamilton logra adiantar a Bottas na seguinte volta, aínda que informa de problemas cos pneumáticos. Na volta 14 Valtteri Bottas, Max Verstappen e Fernando Alonso deciden entrar en boxes para cambiar os seus pneumáticos, Fernando Alonso fixo unha mala parada e reincorporouse na décimo oitava praza e, na volta de quecemento, dá conta de Esteban Ocon e métese décimo sétimo. Carlos Sainz, pola súa banda, é undécimo aínda que non realizou a súa parada en boxes. Na volta 17 Sebastian Vettel entra a boxes reincorporouse na terceira praza, xusto por diante de Kimi Räikkönen e detrás de Lewis Hamilton. Na 20º volta a situación de carreira era, Rosberg, Hamilton, Vettel, Räikkönen, Bottas, Ricciardo, Grosjean, Pérez, Verstappen e Massa.
Na volta 26 entra Rosberg ao garaxe. O piloto alemán desfaise do pneumático brando e monta o composto medio. O de Mercedes reincorpórase á carreira na segunda praza, por detrás de Hamilton. na volta seguinte Hamilton copialle a estratexian, reincorpórase á carreira na cuarta praza, por detrás dos dous Ferraris de Vettel e Räikkönen. na volta 29 abandona Wehrlein, a través da radio, o equipo Manor pídelle ao seu piloto que pare o Fórmula 1 e retire o contacto. Na 30º volta a clasificación é a seguinte, Rosberg, Vettel, Räikkönen, Hamilton, Bottas, Ricciardo, Verstappen, Massa, Hulkenberg e Alonso (10º).
Na volta 33 Sergio Pérez arrebátalle a décima praza a Fernando Alonso. Xusto detrás do español, o seu rival máis inmediato é o seu compañeiro de equipo, Jenson Button. Na volta seguinte Sebastian Vettel, segundo, decide entrar boxes e montar o composto brando para chegar ata o final. O de Ferrari reincorpórase ao GP de Italia na quinta posición, unha volta máis tarde Kimi Räikkönen, que ocupaba a segunda posición virtual, entra en boxes e monta o mesmo que Sebastian Vettel. O finlandés incorpórase á carreira na sexta praza, por detrás de Max Verstappen. na 39 abandona Kvyat. O piloto ruso súmase á lista de abandonos, que completan Nasr, Palmer e Wehrlein. Na 40ª volta a clasificación é Rosberg, Hamilton, Vettel, Räikkönen, Bottas, Ricciardo, Pérez, Verstappen, Massa e Hulkenberg. Dez voltas máis tarde a clasificación provisional é 1º Rosberg, seguido de Hamilton, Vettel, Räikkönen, Ricciardo, Bottas, Verstappen, Pérez, Massa e Hulkenberg. Fernando Alonso é décimo cuarto, por delante de Carlos Sainz.
Nico Rosberg conseguiu a sétima vitoria da tempada, a nº 21 da súa traxectoria deportiva. Completan o podio do GP de Italia: Lewis Hamilton, segundo, e Sebastian Vettel que se outorgou o bronce da décimo cuarta carreira da tempada 2016 de Fórmula 1, na volta 51 Fernando Alonso logra facer a volta rápida con 1'25.340.
Clasificación Cualificación
Pos.NºPilotoConstrutorQ1Q2Q3Grella144Mercedes1:21.8541:21.4981:21.135126Mercedes1:22.4971:21.8091:21.613235Ferrari1:23.0771:22.2751:21.972347Ferrari1:23.2171:22.2751:21.9724577Williams-Mercedes1:23.2641:22.4991:22.388563Red Bull Racing-TAG Heuer1:23.1581:22.6381:22.38967331:23.2291:22.8571:22.4117811Force India-Mercedes1:23.4391:22.9221:22.81489271:23.2591:22.9511:22.83691021Haas-Ferrari1:23.3861:22.8561:23.184101119Williams-Mercedes1:23.4891:22.96711128Haas-Ferrari1:23.4211:23.09217Romain Grosjean recibiu unha penalización de cinco posicións por un cambio da caixa de cambios non programado.1314McLaren-Honda1:23.7831:23.273121494MRT-Mercedes1:23.7601:23.315131522McLaren-Honda1:23.6661:23.399141655Toro Rosso-Ferrari1:23.6611:23.496151726Toro Rosso-Ferrari1:23.825161812Sauber-Ferrari1:23.95618199Sauber-Ferrari1:24.087192030Renault1:24.230202120Renault1:24.43621107% tempo: 1:27.583–31MRT-MercedesSen tempo22Esteban Ocon non puido establecer un tempo de volta na cualificación. A súa participación na carreira foi a criterio dos comisarios.Fonte:
Carreira Pos.NºPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos16 Nico RosbergMercedes531:17:28.089225244 Lewis HamiltonMercedes53 +15.07011835 Sebastian VettelFerrari53 +20.99031547 Kimi RäikkönenFerrari53 +27.56141253 Daniel RicciardoRed Bull Racing-TAG Heuer53 +45.295610677 Valtteri BottasWilliams-Mercedes53 +51.01558733 Max VerstappenRed Bull Racing-TAG Heuer53 +54.23676811 Sergio PérezForce India-Mercedes53 +1:04.95484919 Felipe MassaWilliams-Mercedes53 +1.05.6171121027 Nico HülkenbergForce India-Mercedes53 +1:18.65691118 Romain GrosjeanHaas-Ferrari52 +1 volta171222 Jenson ButtonMcLaren-Honda52 +1 volta141321 Esteban GutiérrezHaas-Ferrari52 +1 volta101414 Fernando AlonsoMcLaren-Honda52 +1 volta121555 Carlos SainzToro Rosso-Ferrari52 +1 volta15169 Marcus EricssonSauber-Ferrari52 +1 volta191720 Kevin MagnussenRenault52 +1 volta211831 Esteban OconMRT-Mercedes51 +2 voltas22Ret26 Daniil KvyatToro Rosso-Ferrari36Batería16Ret94 Pascal WehrleinMRT-Mercedes26Fuga aceite13Ret30 Jolyon PalmerRenault7Danos por colisión20Ret12 Felipe NasrSauber-Ferrari6Danos por colisión18Fonte:
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos.PilotoPuntos10px1 Lewis Hamilton25010px2 Nico Rosberg24810px316110px4 Sebastian Vettel14310px5 Kimi Räikkönen136
Clasificación do campionato de construtores Pos.ConstrutorPuntos10px1 Mercedes49810px2 Red Bull Racing-TAG Heuer29010px3 Ferrari27910px 1411110px 1 5 Force India-Mercedes108
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Italia Categoría:Gran Premio de Italia de Fórmula 1