A ponte de Mourentán é unha construción de cachotaría do século XVIII con arco apuntado e rasante alombado. Está situada na parroquia de Mourentán, no concello de Arbo. A ponte salva o río Deva e atópase no antigo camiño real que ía de Ribadavia a Salvaterra e Tui. Consta dun só van e a súa luz ten unha lonxitude de 12,40 metros. O seu estado de conservación é bastante bo. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Mourentán Categoría:Arbo