miniatura|Losada en 2012. Cristina Losada Fernández, nada en Vigo en 1954, é unha xornalista, escritora e política galega.
Traxectoria Estudou o bacharelato en Vigo e licenciouse en Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid, onde militou na Liga Comunista Revolucionaria entre 1972 e 1977. Foi documentalista e redactora do diario Pueblo, tradutora e redactora da axencia Colpisa e colaborou en esRadio, COPE, Onda Cero e TVG. É columnista de Libertad Digital, editora do blog Heterodoxias.net e coautora do programa El Búho. Tamén é membro do consello de administración de Telemadrid e presidenta da Asociación Vigueses pola Liberdade. Foi candidata de Cidadáns á presidencia da Xunta nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016Cristina Losada será a candidata de C's á Xunta ao non lograr os seus opoñentes os avais para ir a primarias.
Notas
Obras Morfina roja, 2008. Un sombrero cargado de nieve, 2016.
Obras colectivas Por qué dejé de ser de izquierdas, 2008.
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en Libertad Digital
Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Políticos de Cidadáns - Partido da Cidadanía Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1954 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid