O papa Bonifacio I foi elixido o 29 de decembro de 418 cando era un home xa vello e moi enfermo. Mentres tanto, un grupo de diáconos que estaban descontentos xa desde tempos do Papa Zósimo, elixiron a Eulalio, quen se instalou no Palacio Laterano como antipapa. Eventualmente foi o emperador Honorio quen resolveu a cuestión a favor de Bonifacio, o papa lexítimo.

Bonifacio deulle o seu apoio a Agostiño de Hipona e os bispos africanos na súa campaña contra o pelaxianismo.

Bonifacio morreu o 4 de setembro de 422.

Categoría:Papas Categoría:Finados en 422