Jordi Calavera Espinach, nado o 2 de agosto de 1995 en Cabra del Camp (Cataluña), é un futbolista español que xoga como lateral dereito no Sabadell, da Primeira División RFEF.
É irmán do tamén futbolista Josep Calavera.
Traxectoria Nado en Cabra del Camp, Tarragona, Calavera formouse nas categorías inferiores do Gimnàstic de Tarragona, onde foi chamado polo primeiro equipo na pretemporada en 2013. Debututaría ese mesmo ano o 25 de agosto en casa contra o Lleida Esportiu da Segunda División B. En xaneiro de 2015, despois de estar de novo como segundo suplente Calavera foi cedido ao equipo Olot, tamén de Segunda B até final de tempada. Tras finalizar a temporada e volver ao Nàstic, debuta como profesional o 9 de setembro cun empate a 2-2 en casa contra o Girona en Copa do Rei. Ese mesmo mes debuta na Segunda División, xogando unha media hora como substituto de Xisco Campos, ante o Real Valladolid. Marcou un gol en Segunda, en outubro de 2015, o primeiro dunha vitoria por 2-1 contra o Bilbao Athletic.Calavera pide disculpas por su fichaje por el Eibar Tras o seu bo rendemento, asina en xaneiro de 2016 coa Sociedad Deportiva Eibar, o cal non gusta no club de Tarragona, que o envía ao filial até final de temporada. O 12 de agosto o club vasco cede o xogador ao Club Deportivo Lugo para a campaña 2016−17.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesGimnàsticSegunda B2013−2014110GimnàsticSegunda B2014−201510OlotSegunda B2015150GimnàsticLa Liga 2201591Gimnàstic BSegunda B2016102LugoLa Liga 22016−2017392
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Cabra del Camp Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores da UE Olot Categoría:Xogadores do CF Pobla de Mafumet Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Girona FC Categoría:Xogadores do CE Sabadell