Nakalipithecus é un xénero de primates fósiles que contén unha única especie, Nakalipithecus nakayamai. É un gran simio que viviu na rexión africana que hoxe é Kenya nos inicios do Mioceno Tardío, hai 10 millóns de anos.Experts find jawbone of pre-human great ape in Kenya By Katie Nguyen, Reuters.com, 13 de novembro de 2007, consultado o 15 de novembro de 2007 Este simio foi descrito a partir dunha mandíbula fósil e once dentes illados desenterrados en 2005 por un equipo de investigadores xaponeses e kenyanos en depósitos de fluxos de barro da rexión de Nakali no norte da Provincia do Rift Valley de Kenya, ao que se debe o nome científico do xénero, que significa "mono de Nakali". O nome específico refírese a un xeólogo xaponés que morreu mentres estaba traballando no proxecto.
Os dentes fósiles estaban cubertos de groso esmalte, o que suxire que a dieta deste hominoide incluía unha considerable cantidade de alimentos duros, posiblemente noces ou sementes. Segundo os investigadores da Universidade de Kyoto, o Nakalipithecus é moi próximo ao último antepasado común de gorilas, chimpancés, e humanos. Pode, por tanto, considerarse un membro basal dos Homininae, antes de que estes se dividisen nas tres liñaxes que viven hoxe. O Nakalipithecus tamén lembra ao xénero Ouranopithecus, outro homínido prehistórico atopado en Grecia.
A importancia evolutiva do Nakalipithecus é dobre: primeiro, xunto co Ouranopithecus é unha proba de que as liñaxes de Homininae actuais non diverxeron antes de hai uns 8 millóns de anos. Segundo, apoia a teoría de que os antepasados máis próximos dos humanos evolucionaron en África. O punto de vista alternativo, que os grandes simios de tipo moderno se extinguiron en África e que os Homininae eran orixinalmente unha liñaxe asiática, que posteriormente colonizou África, é difícl de reconciliar coa presenza xa no Mioceno Tardío deste hominino basal en África.Kunimatsu et al. (2007), Viegas (2007)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Anoiapithecus Chororapithecus Pierolapithecus Samburupithecus
Ligazóns externas Liña do tempo humana interactiva – Smithsonian, National Museum of Natural History (agosto de 2016). Viegas, Jennifer (2007): "Mama, Is That You? Possible Ape Ancestor Found". Discovery News. Versión de 2007-NOV-12. Acceso 13 de novembro de 2007. Contén foto do fósil.
Categoría:Fósiles Categoría:Simios prehistóricos