A AC-440 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Berdoias (Vimianzo) e Muxía; atravesa os concellos de Vimianzo e Muxía. Ten unha lonxitude de 14,31 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-552 en Berdoias (Vimianzo) e finaliza en Muxía.

Percorrido

A estrada comeza o seu percorrido no cruzamento da AC-552 coa AC-441, na aldea de Berdoias. De aí parte cara a Boallo para se internar xa no concello de Muxía a través dos lugares de Suxo, Ozón, Os Muños, Moraime, Figueiras de Arriba e, finalmente rematar na vila de Muxía.

Notas

Categoría:Estradas da rede primaria complementaria de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Vimianzo Categoría:Muxía