A Torre dos Clérigos, así como a igrexa á que pertence, atópanse na zona antiga da cidade de Porto, Portugal. Feita en granito, a súa altura supera os 75 metros, e pódese subir ó seu tope grazas a unha escaleira interior de máis de 240 chanzos. En 2013, Portugal adicoulle unha moeda conmemorativa de 2€.

Historia Tanto a igrexa como a torre son obra de Nicolau Nasoni, un dos máximos expoñentes da arte barroca na cidade portuguesa. Comezou a construírse en 1754 e rematouse en 1763 a instancias da Irmandade dos Clérigos Pobres.

Galería

Véxase tamén

Bibliografía BASTO, A. de Magalhães: Nasoni e a Igreja dos Clérigos. Biblioteca do Porto. 2550 Ligazóns externas Galería de imaxes da torre

Categoría:Torres Categoría:Arquitectura do Porto