Nanayya (en telugú నన్నయ్య), foi un escritor telugú do século XI. Considerado o primeiro poeta en telugú Narayana Rao e David Shulman (2002) Classical Telugu Poetry An AnthologyUniversity of California Press:Berkeley, p. 55 e autor da parte máis antiga e meirande de Andhra Mahabharatam, a versión telugúa do Mahabharatam.

Traxectoria Nanayya era poeta da corte e mais tamén conselleiro e mestre do rei Rajaraja Narendra da dinastía chalukia oriental e foi este quen lle pediu que traducise o Mahabharatam ao telugú, tomou moito empeño en facelo, procurou no vocabulario do telugú para incorporar o léxico que cría máis apropiado, incorporou características da tradución kannada xa moi arraigada e mantivo moito léxico do orixinal sánscrito. Así desenvolveu un estilo literario, métrico e gramatical característico que se converteu no paradigma da poesía clásica telugúa. Pero non foi unha simple tradución, sempre mantendo a liña da historia orixinal creou a súa propia versión dos 142 versos dos captítulos Aadi, Sabha e Aranya que levou ao telugú. En sánscrito escribiu a primeira gramática da lingua telugúa Andhra Shabda Chintamani.

Notas

Categoría:Escritores en lingua sánscrita Categoría:Escritores en lingua telugu Categoría:Tradutores