Bonifacio V, nado en Nápoles e finado en Roma en 625, foi escollido Papa o 8 de novembro de 618, pero non foi consagrado ata o 23 de decembro do ano 619, pasados once meses da morte do anterior Papa, Adeodato I, cando o emperador Heraclio o recoñeceu. Traxectoria Dedicou boa parte dos seus esforzos á difusión do cristianismo na actual Inglaterra, especialmente na conversión do rei Edwin de Northumbria. Tamén promulgou o decreto polo cal as igrexas poderían ser consideradas lugar de asilo para os perseguidos que buscasen refuxio.

Durante o seu pontificado, Mahoma empezou a predicar.

Morreu en Roma o 25 de outubro do ano 625.

Categoría:Papas Categoría:Finados en 625