A Arquiña de Vilaseco é un monumento megalítico situado nas proximidades do lugar de Vilaseco da parroquia de Castrelo, no concello de Vimianzo. Forma parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Descrición A mámoa está situada nunha típica paisaxe megalítica con brañas e pequenos lombos topográficos, dominando a contorna, sobre todo cara ao oeste e ao norte onde adquire uns tres metros de altura. Chama a atención a gran dimensión do túmulo, de 37 metros de longo por 32 de largo.

No interior, atópase unha anta máis modesta para o tamaño da mámoa. De estrutura clásica, con cámara poligonal e corredor desenvolvido cara ao leste. A falta dunha escavación en profundidade, consérvanse catro esteos da cámara, e aparece un do corredor ademais da propia tampa. O máis probábel é que as pedras que faltan estean a formar parte do muro divisorio das leiras, muro que divide en dous o monumento. Con todo, o seu estado de conservación é bo, dada a pouca profundidade do cono de violación.

En outubro de 2014 uns traballos de reforestación danaron tanto a mámoa como a anta.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Megalitismo en Galicia Dolmen Mámoa

Categoría:Vimianzo Categoría:Dolmens de Galicia