A Casa da Navegación é un espazo expositivo de titularidade municipal do concello de Baiona, na provincia de Pontevedra.

Descrición O museo, proxecto que comezou no ano 2009, costeado pola Deputación provincial de Pontevedra e o concello de Baiona, foi inaugurado o 1 de marzo de 2015 por representantes doutras dúas institucións: o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a daquela ministra de Fomento, Ana Pastor Julián«O presidente da Xunta preside a inauguración da Casa da Navegación de Baiona» Xunta de Galicia, 1/3/2015.«Baiona revive 20 siglos ligada al mar…» Faro de Vigo, 2/3/2015 .

O edificio, a Casa María Carvajal,En ocasións escrito Carbajal. que anteriormente foi casa do concello, foi rehabilitado para o uso actual.«Poner en marcha el museo de la navegación de Baiona costará otros 150.000 euros» La Voz de Galicia, 12/3/2014 . De dous andares, alberga unha colección procedente, en parte, do Museo do Mar de Galicia e o Museo Provincial de Pontevedra, onde estaba en depósito, que inclúe unha réplica feita no 2001 da Carta Puebla fundacional de Afonso IX, cartografía da colección de Román Pereiro Alonso e outros documentos, pezas arqueolóxicas (unha lauda sepulcral, unha moeda do século XIII e fragmentos de cerámica), unha maqueta da carabela Pinta feita en 1985, o robot submarino RU-27, mobiliario (entre o que destaca o arquivo do corrixidor),«Un armario con solera» La Voz de Galicia, 13/9/2003 . aparellos de pesca cedidos por Remigio Leyenda, fotografías cedidas por Esperanza Fernández Vernet, instrumentos de navegación, obxectos procedentes de naufraxios, vellas lámpadas do faro Silleiro e dúas pequenas pezas de artillaría.«Los cañones del vigués Pedro Novalbos se exhiben en Baiona» Atlántico Diario, 2/3/2015 .

Crítica En 2015 o Valedor do Pobo abriu un expediente por ter o museo todo o texto exposto (tanto as placas dos obxectos como os paneis de gran formato) exclusivamente en castelán e inglés, excluído a lingua galega. O concello alegou falta de espazo e que a exposición estaba orientada a un público estranxeiro.Expediente: P.1.Q/12814/15 Valedor do Pobo.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Fortaleza de Monte do Boi Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande Ligazóns externas Museos de Galicia Xunta de Galicia. Turismo Rías baixas Deputación de Pontevedra. Inventario de materiais e inventario de pezas arqueolóxicas do proxecto, 2013, Deputación de Pontevedra .

Categoría:Baiona Categoría:Museos da provincia de Pontevedra