Trichodesmium é un xénero de cianobacterias filamentosas, planctónicas e coloniais. Teñen poboacións estables e xeran floracións visibles en rexións oceánicas tropicais e subtropicais, pobres en nutrientes, do Atlántico, o Pacífico e o Índico. Thricodesmium son diazótrofos: fixadores de nitróxeno atmosférico (). Son quen de realizar a fixación en condicións de luz diúrna e en condicións aerobias sen precisar de heterocistes .
Trichodesmium pode vivir só ou formando colonias, visibles a simple vista. As colonias que forman xeran o substrato pseudobentónico doutros grupos de microorganismos, como bacterias, diatomeas, dinoflaxelados, protozoos e copépodos. Os copépodos son os principais predadores de Trichodesmium. É un xénero totalmente fotoautótrofo e que é determinante nos ciclos bioxeoquímicos globais xa que fixa entre 60-80 Tg de N anuais, entre unha terza e a metade do nitróxeno fixado no planeta .
Especies Trichodesmium erythraeum – descrita por Ehrenberg in 1830 T. erythraeum é o axente principal que descolora o Mar Vermello durante as floracións. É o único secuenciado ao completo (denomínase como Trichodesmium IMS 101).
Trichodesmium thiebautii – descrita por Gomont in 1892 .
Trichodesmium hildebrantii – descrita por Gomont in 1892 .
Trichodesmium contortum – descrita por Wille in 1904 .
Trichodesmium tenue – descrita por Wille in 1904 .
Trichodesmium radians – descrita por Wille in 1904.
Análises filoxenéticas establecen que existen dous clados do xénero: (i) T. tenue e T. erythraeum e (ii) T. thiebautii, T. hildebrandtii e T. contortum. Estudos co xene de referencia nifH mostraron que Trichodesmium spp. e os membros do xénero Katagnymene (K. pelagica e K. spirali) de cianobacterias están moi próximos, malia que ocupan nichos ben diferenciados .
Notas
Véxase tamén Outros artigos Floración de algas Cianobacterias Ciclo do nitróxeno
Categoría:Cianobacterias Categoría:Microbioloxía Categoría:Botánica Categoría:Bacterias fototróficas Categoría:Ciclos bioxeoquímicos