Conón,Forma galega do nome latino Conon. finado o 21 de setembro de 687, foi papa desde o 21 de outubro de 686 ata a súa morte en Roma.
Traxectoria Logo do pasamento de Xoán V había fortes desacordos para a elección do seu sucesor, entre os que apoiaban ao arcipreste Pedro e os que apoiaban ao presbítero Teodoro. A solución pasou por un terceiro candidato, Conón, grego nativo de Sicilia e fillo de militar, quen tiña sona de home piadoso e afastado dos asuntos seculares. Foi consagrado o 21/22 de outubro de 686 como papa, mais o seu papado foi breve. Obtivo do emperador unha baixada de impostos para as propiedades eclesiásticas de Sicilia e Calabria. Foi tamén quen recibiu aos misioneiros irlandeses Quiliano e os seus compañeiros, consagrou bispo a Quiliano, e enviounos a evanxelizar a Franconia. Finou o 21 de setembro de 687 logo dunha longa doenza.
Notas
Categoría:Papas Categoría:Finados en 687