Muhammad Ali Saspara (en ), nado en Sadpara en 1972, desaparecido en febreiro de 2021 e declarado morto en xullo de 2021, foi un alpinista paquistaní.
Traxectoria Comezou a súa relación coa alta montaña no ano 2000 traballando como porteador para expedicións estranxeiras no seu país. Non tardou en destacar facendo traballos na sombra e case sen facer ruído conquistou, agás o K2, todos os oitomiles de Paquistán. Gasherbrum I, Gasherbrum II, Broad Peak e Nanga Parbat.
Saltou á palestra no 2016 tras ser o primeiro ser humano e chegar a cima do Nanga Parbat durante a tempada invernal, acompañado por Alex Txikon e Simone Moro. O vasco Alex Txikon, líder oficial da expedición, recoñeceu a Sadpara como o líder natural da mesma e incluso algúns alpinistas internacionais cualifícano como o único responsable do éxito da expedición, restándolle méritos a Moro e Txikon.
En febreiro de 2021 perdía a vida xunto ó chileno Juan Pablo Mohr e o islandés John Snorri Sigurjonsson durante un intento invernal de acadar o cumio do K2. A finais de xullo do mesmo ano o alpinista ucraino Valentyn Sypavin atopou os corpos de Sadpara e os seus dous acompañantes.
Notas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Paquistán Categoría:Alpinistas Categoría:Finados en 2021