Muhammad Iqbal (en urdú: محمد اقبال ‎), nado en Sialkot o 9 de novembro de 1877 e finado en Lahore o 21 de abril de 1938, tamén coñecido como Allama Iqbal (علامہ اقبال), foi un avogado, político, poeta e filósofo da India británica, considerado o inspirador do Movemento de Paquistán.Rehman, Javaid (2005). Islamic State Practices, International Law and the Threat from Terrorism: A Critique of the 'Clash of Civilizations' in the New World Order. Bloomsbury. p. 15. e como tal denominado o "pai espiritual de Paquistán".Albert M. Craig et al. (2011). The heritage of world civilizations. (9ª ed.). Harlow: Pearson Education. p. 800. Unha das figuras máis importantes da literatura urdú, foi tamén un destacado poeta en persa. Ordenado cabaleiro por Xurxo V,The London Gazette (Supplement) no. 32782. p. 2, 29 de decembro de 1922. tiña o título de sir.

Traxectoria Orixe miniatura|A nai de Iqbal. Iqbal naceu na provincia de Punjab, entón na India británica e despois parte de Paquistán. Os seus avós eran pandits de Caxemira, brahmanas do clan Sapru que se converteran ao islam. No século XIX ao conquistar o Imperio Sikh Caxemira, a familia de seu avó emigrou ao Punjab. Iqbal mecionou a miúdo e conmemorou a súa liñaxe nos seus escritos. Seu pai, Sheikh Noor Muhammad (morto en 1930), era un xastre, sen educación formal, e fondamente relixioso. Súa nai chamábase Imam Bibi e era coñecida na veciñanza por axudar os pobres, morreu o día que seu fillo fixo os 37 anos en Sialkot."Iqbal in years" Iqbal Academy Pakistan Iqbal queríaa moito e na súa morte expresou os seus sentimentos en forma de elexía. miniatura|Fotografía de mozo de Allama Iqbal 1899 Cando tiña catro anos entrou na escola da mesquita para aprender o Corán e árabe. Xa máis tarde, o seu profesor foi Syed Mir Hassan, o director da madrasa e profesor de árabe na universidade da misión escocesa en Sialkot, onde Iqbal se matriculou en 1893. En 1895 graduouse na Facultade de Artes,Taneja, V.R e Taneja, S. (2004) Educational thinkers. Atlantic Publisher. p. 151. ISBN 81-7156-112-8. e comezou estudos na Universidade Gobernamental de Lahore en filosofía, árabe e literatura inglesa rematando en 1897, gañando a medalla Khan Bahadurddin F.S. Jalaluddin polas súas cualificacións en árabe. En 1899 realizou o posgrao na mesma universidade e logrou un posto como lector de árabe na Universidade de Punjab en Lahore.

Educación superior en Europa Iqbal quedou moi influído polas ensinanzas de Thomas Arnold, o seu profesor de filosofía na Universidade Gobernamental, e foi decisivo para que proseguise a súa educación en Europa, e así en 1905 marchou cunha bolsa de estudos para o Trinity Collegue e ese mesmo ano exerceu como barrister en Lincoln Inn. En 1907, Iqbal mudouse a Alemaña para facer o doutoramento en filosofía na Universidade Maximilian Ludwig de Múnic baixo a dirección de Friedrich Homme, a súa tese titulouse The Development of Metaphysics in Persia e publicouse en 1908.Jackso, Roy (2006). Fifty key figures in Islam. Routledge. p. 181. ISBN 978-0-415-35467-7. Durante a súa estada en Heidelberg en 1907 estudou coa profesora de alemán Emma Wegenast, diversas obras e autores como Fausto de Goethe, Heine e Nietzsche. Foi nesta época en Europa cando Iqbal empezou para escribir poesía en persa, e nesa lingua continuaría a escribir durante toda a súa vida.

Vida académica En 1908 logo de volver de Europa ensinou de novo na universidade, filosofía e literatura inglesa. Asemade practicaba a avogacía nos tribunais de Lahore, deixándoo ao pouco para centrarse na actividade literaria. Fondamento influído polas súas viaxes a Europa e pola filosofía occidental, foi un membro activo da organización reformisma musulmá Anjuman-e-Himayat-e-Islam. Converténdose en 1919 no seu secretario xeral.

A poesía e filosofía do sufí Mawlana Rumi tamén deixou unha profunda pegada en Iqbal. Moi imbuído pola relixión desde a infancia concentrouse no estudo do islam, da cultura e historia da civilización islámica e no seu futuro político, tendo sempre a Rumi como o seu guía, presentándoo en moitos dos seus poemas como o guieiro. Nas súas obras adoita lembrar aos lectores as glorias pasadas da civilización islámica, levando unha mensaxe de pureza espiritual do islam como fonte da liberación sociopolítica, denunciando as divisións políticas dentro das nacións islámicas e falando frecuentemente en termos da comunidade musulmá global ou Ummah.Biography , Iqbal Academy Pakistan

Últimos anos miniatura|227x227px|Iqbal exercendo de avogado miniatura|Iqbal co seu fillo Javed en 1930 En 1933, despois de regresar dunha viaxe a España e Afganistán, Iqbal padeceu unha misteriosa enfermidade na gorxa. Pasou os seus últimos colaborando con Chaudhry Niaz Ali Khan para establecer o Dar ul Islam Trust Institute en Jamalpur, preto de Pathankot, centro no que se había ensinar estudos en islam clásico e ciencias sociais contemporáneas.Azam, K.M., Hayat-e-Sadeed: Bani-e-Dar ul Islam Chaudhry Niaz Ali, Lahore: Nashriyat, 2010 (583 pp., en urdú) [ISBN 978-969-8983-58-1]

Iqbal cesou de exercer a avogacía en 1934 retirándose cunha pensión concedida polo Nawab de Bhopal. Nos seus anos finais, frecuentemente visitou o dargah (santuario) de famoso hazrat sufí Ali Hujwiri en Lahore como orientación espiritual. Despois de padecer durante meses un agravamento da súa enfermidade morreu en Lahore o 21 de abril de 1938. A súa tumba está en Hazuri Bagh, o xardín entre a entrada da mesquita Badshahi e o forte de Lahore, e alí o goberno de Paquistán mantén unha garda permanente. En Paquistán está considerado como o fundador ideolóxico do seu Estado, conmemóranse oficialmente os seus aniversarios como o Día de Iqbal, que é festivo. Moitas institucións públicas do país levan o seu nome. O seu poema Tarana-e-Hind (1904) converteuse ao pouco nunha canción patriótica contra o goberno británico na India, e aínda segue a ser popular na India.

Actividade pública

Política Iqbal foi un membro activo da Liga Musulmá, amosouse en contra da implicación da India na primeira guerra mundial, próximo a dirixentes como Mohammad Ali Jouhar e Muhammad Ali Jinnah. Era crítico co Congreso Nacional Indio, ao que consideraba dominado polos hinduístas. Así e todo quedou decepcionado coa Liga cando na década de 1920 se dividiu entre a facción probritánca de Muhammad Shafi e o grupo liderado por Jinnah.

En novembro de 1926 presentou a súa candidatura para a Asemblea Lexislativa de Punjab polo distrito musulmán de Lahore, derrotando ao seu adversario por unha marxe de 3177 votos. Apoiou as propostas constitucionais e traballou co Aga Khan e outros dirixentes islamitas para superar as divisións e unificar a Liga Musulmá."In Memory of Com Ranjoor" New Age Weekly No entanto non adoptou o papel dun dirixente político, cumprindo a función de ideólogo e polo tanto por riba das loitas partidistas.Graciela de la Lama "Muhammad Iqbal: pensador de la India musulmana del siglo XX, creador de Paquistán" Estudios de Asia y África. Vol. 13, No. 1 (36) (Jan. - Apr., 1978), pp. 61-70

Iqbal, Jinnah e o concepto de Paquistán Ideoloxicamente arredado dos líderes musulmáns do Congreso Nacional Indio e desilusionado cos políticos da Liga Musulmá, Iqbal cría que só Jinnah era capaz de preservar a unidade da Liga e conseguir os obxectivos desa organización para darlle poder os musulmáns. A súa correspondencia con Jinnah foi fundamental para convencelo no abandono do seu autoexilio en Londres e a súa volta á India para asumir o liderado da Liga.

Non obstante, Iqbal expoñer a idea da separación das provincias de maioría musulmán da India en 1930, Jinnah continuou a intentar chegar a un acordo co Congreso Nacional Indio e só adoptou a idea de Paquistán en 1940, e Iqbal, como presidente da Liga Musulmá do Punjab, criticou durante as accións de Jinnah, especialmente o seu acordo en 1937 co líder punjabí Sikandar Hyat Khan, a quen Iqbal vía como representante da clase feudal. Secasí, Iqbal traballou constantemente para que o pobo e os líderes musulmáns mantivesen o apoio a Jinnah e á Liga.

Pensamento islamita Iqbal publicou en Lahore en 1930 unha serie de cinco conferencias que deu en inglés en Madras, Hyderabad e Aligarh, nunha nova edición publicada por Oxford Universtiy Press como The Reconstruction of Religious Thought in Islam en 1934 engadíulle unha sexta. Os textos tratan da función do islam como relixión así como tamén a súa función como filosofía política e legal na época moderna. Nestas conferencias Iqbal rexeita firmemente as actitudes políticas e a conduta dos líderes políticos musulmáns, aos que vía errados moralmente, suxeitos ao poder e arredados das masas musulmás.

Iqbal expresou o seu temor a que non só o secularismo debilitase os alicerces espirituais do islam e da sociedade musulmá, senón tamén ao perigo que a maioría hinduísta da poboación eclipsase a súa influencia política e debilitase a súa herdanza e cultura. Nas súas viaxes por Exipto, Afganistán, Irán e Turquía promoveu ideas dunha meirande unidade e cooperación política, chamando a superar as diferenzas nacionalistas. Tamén arelaba acordos para garantir o poder político musulmán, e así nun diálogo con B. R. Ambedkar, Iqbal expresou o seu desexo de ver as provincias indias como unidades autónomas baixo o control directo do goberno británico e sen a existencia dun goberno indio central, temía que unha unión india marxinaría politicamente os musulmáns, deixando os musulmáns sen unha entidade política separada.

Cando a Liga musulmá o elixiu presidente en 1930 na súa sesión de Allahabad nas Provincias Unidas, deu o que se considera o seu discurso máis coñecido, o 29 de decembro de 1930, onde trazou a visión dun estado independente para provincias de maioría musulmá do noroeste da India, Iqbal resaltou que a diferenza do cristianismo, o islam era tamén un concepto xurídico e os seus ideais relixiosos eran inseparables da orde social: "polo tanto, a construción dunha política de liñas nacionais, de significar un desprazamento do principio islámico de solidariedade, é sinxelamente impensable para un musulmán."Naipaul, V. S. Beyond Belief: Islamic Excursions Among the Converted Peoples. pp. 250–52.  Iqbal acentuou así non só a necesidade da unidade política das comunidades musulmás mais a súa oposición a unir á poboación nunha sociedade máis ampla non baseada nos principios islámicos.

Converteuse así no primeiro pensador en artellar o que se coñecería como a Teoría das dúas nacións, no que se establecía que os musulmáns son unha nación distinta e así merecen a independencia política des outras rexións e comunidades da India. Así e todo non especificaba que o estado islamita debera ser unha teocracia, aínda cando rexeitaba o secularismo e o nacionalismo, así e todo tiña unha concepción do islam moderada, para el o islam non podía ser un xustificante para poñer límites ao progreso.Zahid Munir Amir "Muhammad Iqbal’s Concept of Islam" Kyoto Bulletin of Islamic Area Studies , 2-2 (marzo de 2009), pp. 22–35 Existe unha importante controversia na teoloxía islámica sobre a concepción da divindade en Iqbal e ata que punto é fiel ás ensinanzas do islam ou non.Yaseen Noorani "Muhammad Iqbal and the Immanence of God in Islamic Modernism" Religion Compass Volume 8, Issue 2 de febreiro de 2014, pp. 60–69 Os últimos anos dedicounos a percorrer Europa e o oeste de Asia na procura de apoio político e económico para a Liga, reiterou as ideas do seu discurso de 1930 e durante as conferencias que o goberno ;británico organizou en 1930-32 para tratar das reformas constitucionais na India, opúxose ao Congreo Nacional Indio e ás propostas de transferencia de poder sen unha considerable autonomía ou independencia para as provincias musulmás. miniatura|A tumba de Muhammad Iqbal na entrada da mesquita Badshahi en Lahore

Obra literaria

En persa