O caimán comúnLuís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 720. ISBN 84-95335-46-8 (Caimán crocodilus) é un réptil crocodilio pertencente á familia dos aligatóridos, nativo de América central e do norte de América do Sur.
Descrición É un crocodilio de modestas dimensións, medindo os adultos de 2 a 2,5 m. É de cor olivácea apagada e ten un relevo óseo diante dos ollos, do cal provén o seu outro nome común: caimán de anteollos.
Bioloxía Vive en toda clase de ambientes húmidos de auga doce, da cal sae raramente se non é obrigado pola seca; neste caso, refúxiase na lama. De día flota na superficie, mentres que á noite se fai máis activo. Os machos son territoriais e establecen entre eles unha precisa xerarquía. Aínda que non está publicamente documentado, é posible que varias femias poñan os seus ovos nun mesmo niño, compartido e defendido por todas elas.
Alimentación Os adultos aliméntanse doutros réptiles, peixes, anfibios e aves mariñas.
Reprodución As femias poñen de 14 a 40 ovos en montes de terra e vexetación en fermentación, na beira da auga, ou sobre masas flotantes de material vexetal entrelazado.
Conservación Aínda que intensamente cazado pola súa pel, o Caiman crocodilus, beneficiouse da construción de encoros de auga artificiais, que contribuíron a un aumento significativo da súa poboación.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Alligatoridae Ligazóns externas
Categoría:Aligatóridos