miniatura|Fakir Mohan Senapati Fakir Mohan Senapati, nado en Mallikashpur o 13 de xaneiro de 1843 e finado o 14 de xuño de 1918, foi un escritor indio, considerado o pai da literatura moderna en oriya.

Traxectoria Foi profesor en Balasore ata que en 1871 o superintentende dos estados tributarios nomeouno dewan de Nilgiri J. K. Samal e Pradip Kumar Nayak (1996) Makers of Modern Orissa: Contributions of Some Leading Personalities of Orissa in the 2nd Half of the 19th Century Abhinav Publications, p. 57, posto que tamén ostentou despois en Dompara, Daspallah e Palalahara. En 1868 estableceu unha editorial en Balasore que publicou varias revistas e deu ao prelo varios libros de texto en oriya da súa autoría.Jitendra Narayan Patnaik Life and Times of Fakirmohan Senapati Orisha Review, febreiro-marzo 2008 Foi un incansable activista na preservación da lingua oriyaAbout Fakir Mohan Senapti FMU NAAC SSR 2015-

Obra

Novelas Aínda que traduciu obras clásicas en sánscrito ao oriya e escribiu poesía, Mohan é sobre todo un novelista.Mayadhar Mansinha History of Oriya Literature Sahitya Akademy:Delhi, p. 182 As catro novelas de Fakir Mohan, escritas entre 1897 e 1915, reflicten as condicións socioculturais dos séculos XVIII e XIX en Orissa. Mentres Chha maana Atha Guntha, Mamu e Prayaschita exploran as realidades de vida social nas súas múltiples dimensións, Lachhama é unha novela histórica que se desenvolve durante a época anárquica que en Orissa supuxeron as invasións maratas do século XVIIII. Chha maana Atha Guntha explora a explotación dos campesiños polos terratenentes e constitúe a primeira novela relevante en oriyaMeenakshi Mukherjee (2002) Early Novels in India. Sahitya Akademi, p. 240. Tamén foi o autor da primeira autobiografía en oriya, Atma Jeevan Charita.

Relatos Rebati (1898) está considerado o primeiro relato moderno en oriya, é a historia dunha moza inocente que desexa educarse nunha aldeano contexto dunha sociedade conservadora. Outros relatos seus son “Patent medicine”, “Daka Munshi”, ”Adharma Bitta” ou "Randipua Ananta".

Poesía Escribiu un poema longo, Utkala Bhramanam que apareceu en 1892. Escrito nun estilo satírico trata da situación da Orissa daquel tempo.

Notas

Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Escritores da India Categoría:Escritores en lingua oriya Categoría:Tradutores