Crazy Taxi é un videoxogo de carreiras en mundo aberto desenvolvido por Kenji Kanno e o seu equipo en Hitmaker e publicado por Sega. É o primeiro xogo da serie Crazy Taxi. O xogo foi lanzado primeiro como arcade en 1999 e despois foi trasladado a Dreamcast no 2000. O xogo baséase en recoller clientes de taxi e conducir até o destino o máis axiña posible. A acollida de Crazy Taxi foi na súa maioría moi positiva. Foi levado a outras plataformas varias veces, incluíndo PlayStation 2 e Nintendo GameCube por Acclaim no 2001, e despois para Microsoft Windows no 2002. Máis tarde sería adaptado para PlayStation Network, Xbox Live Arcade, iOS, e aparece en Dreamcast Collection.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Craxi Taxi en MobyGames.com

Categoría:Videoxogos de 1999 Categoría:Videoxogos de Android Categoría:Videoxogos arcade Categoría:Videoxogos de mundo aberto Categoría:Videoxogos de Dreamcast Categoría:Videoxogos de Nintendo GameCube Categoría:Videoxogos de PlayStation 2 Categoría:Videoxogos de PlayStation 3 Categoría:Videoxogos de carreiras Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de iOS Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón