O New Basket Brindisi, actualmente coñecido como Happy Casa Brindisi por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Brindisi, Puglia. Fundado en 1992 como sucesor dos equipos de baloncesto da localidade, actualmente compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino.
Historia Antes da fundación do New Basket Brindisi, na localidade xogaba, entre outros, o Libertas Brindisi, o cal consegue acadar a Serie A2, segunda categoría do baloncesto italiano, en 1974. Na categoría de prata permanece durante tres temporadas, non regresando a ela até 1980. Desta vez a historia foi disitinta, e o equipo consegue acadar en tan só un ano o ascenso á Serie A. Porén, descende tras só un ano na elite do baloncesto transalpino ao acabar en último lugar.
O Libertas Brindisi disólvese no ano 2003, regresando ao ano seguinte co nome de New Basket Brindisi. O club parte da Serie B2, ascendendo ao ano seguinte á Seire B1 e en 2008 á LegaDue. Aínda que na súa primeira temporada acaba no duodécimo posto. Na temporada 2009−10 conseguen o primeiro posto e regresan á Serie A, aínda que ao igual que no seu momento o Libertas, tan só duran un ano. NA temporada 2011–12 o club regresa á Serie A, mais esta vez conseguen a permanencia, clasificándose de feito para os Playoffs polo título en 2013–14 e 2014–15. Isto sérvelle para debutar en competicións europeas, chegando aos cuartos de final no EuroChallenge de 2015 e caendo na fase de grupos da Eurocup en 2016.
Patrocinadores Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
Prefabbricati Pugliesi Brindisi (2004-2008) Enel Brindisi (2008–2017) Happy Casa Brindisi (2018–presente)
Temporada a temporada Ano Liga Copa EuropaNivelLigaPlayoffNivelResultadoNivelLigaResultado 2009–10 2 LegaDue 1 – 2 Subcampión – 2010–11 1 Serie A 16 Descenso - – 2011–12 2 LegaDue 3 Subcampións 2 Campión – 2012–13 1 Serie A12 − - – 2013–14 1 Serie A5 Cuartofinalista 1 Semifinalista – 2014–15 1 Serie A6 Cuartofinalista 1 Semifinalista <center>3 EuroChallenge 2015–16 1 Serie A10 − - <center>2 Eurocup 2016–17 1 Serie A9 − - – 2017–18 1 Serie A14 − - – 2018–19 1 Serie A5 Cuartofinalista 1 Subcampión – 2019–20 1 Serie A - 1 Subcampión <center>3 Champions League 2020–21 1 Serie A2 Semifinalista 1 Semifinalista <center>3 Champions League 2021–22 1 Serie A11 − 1 Cuartofinalista <center>3 Champions League
Palmarés Competicións domésticas Segunda División de Italia Campións (1): 2010
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Italia