Felix Kroos, nado en Greifswald o 12 de marzo de 1991, é un futbolista alemán, xoga como centrocampista para o 1. FC Union Berlin.
Traxectoria
Primeiros anos Irmán do xogador internacional Toni Kroos, Felix empezou a xogar en 1997 na sección infantil do Greifswalder SC. No verán de 2002 firmou co F.C. Hansa Rostock e debutou profesionalmente nun partido de terceira rolda da Copa de Alemaña entre o Hansa Rostock e o VfL Wolfsburg o 28 de xaneiro de 2009 porén o adestrador substituíuno no minuto 69 por Sebastian Svärd. Dous días antes do Hansa Rostock baixar de categoría, Kroos anunciou a súa marcha.
Werder Bremen O 15 de xuño de 2010 fichou por tres anos co Werder Bremen. O 24 de novembro de 2010 debutou nun partido da Liga de Campións da UEFA contra o Tottenham Hotspur, nese partido fallou un penalti por unha falta sobre Luka Modrić e o seu equipo acabou perdendo 3–0 . O 9 de novembro de 2013 marcou o seu primeiro gol na Bundesliga, contra o Schalke aínda que os de Bremen acabaron perdendo por 3–1.
Union Berlin O Werder Bremen cedeuno ao Union Berlin o 28 de xaneiro de 2016 e puido firmar co equipo en xuño.
Notas
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Xogadores do FC Hansa Rostock Categoría:Futbolistas de Alemaña Categoría:Xogadores do Werder Bremen Categoría:Nados en Greifswald