Giovanni Fasano foi papa da Igrexa católica baixo o nome Xoán XVIII dende o ano 1003 (consagrado en xaneiro de 1004) ata o ano 1009 . Naceu en Roma, non se sabe o seu ano de nacemento e finou nun mosteiro da mesma cidade en 1009. Sábese pouco sobre a súa vida e as fontes discrepan nas datas. Pola contra acontecementos sobre o seu pontificado son mellor testificados.
Biografía Era fillo dun sacerdote romano. Elixido papa o día de Nadal 1003, carga da cal dimitiu en 1009 para retirarse de monxe nun mosteiro de Roma, onde se dedicou á vida monástica, e onde morreu algúns meses máis tarde. , , , Páxina web sobre Xoán XVIII na ENCICLOPEDIA CATÓLICA
Fai parte dos papas, como o seu predecesor, Xoán XVII, que estiveron baixo o dominio da poderosa familia romana Crescencio, familia oposta á potencia imperial, e que logrou gobernar Roma algún tempo Crescentius.
Pontificado Durante o seu pontificado xestionou sobre todo asuntos vinculados á administración eclesiástica.
Conseguiu restablecer a unión con Bizancio e foi recoñecido bispo de Roma pola Igrexa Ortodoxa.
Notas
Categoría:Papas Categoría:Finados en 1009