Roxelio I de Sicilia, (en italiano: Ruggero I; en árabe: رُجار, Rujār; en maltés: Ruġġieru) tamén coñecido como Roxelio I de Hauteville, nado contra 1031 en Normandía e finado o 22 de xullo de 1101 en Mileto, Italia, chamado Bosso, ou o Gran Conde, ou Jarl Rogeirr, foi o primeiro conde de Sicilia.
Fillo do nobre normando Tancredo de Hauteville, señor de Cotentín, e da súa segunda esposa Fredisenda, estableceuse no sur de Italia como vasalo do seu irmán Robert Guiscard, duque de Puglia e Calabria. Participou na reconquista de Calabria e liderou a de Sicilia, esta última baixo poder musulmán e habitada fundamentalmente por gregos ortodoxos.
En 1072, tras conquistar Palermo, en Sicilia, o seu irmán Robert investiuno como Gran Conde de Sicilia, aínda que continuou sendo o seu vasalo e, despois da morte deste foino de Roxerio Borsa, fillo e sucesor de Robert.
O seu goberno caracterizouse por unha política de tolerancia étnica e relixiosa, infrecuente durante a Idade Media. Morreu en 1101 e foi sucedido polo seu fillo Simón.
Orixe e primeiros anos Roxerio naceu en 1031,O historiador Hubert Houben sostén que en realidade naceu máis tarde, posibelmente contra 1040. e era o menor dos fillos varóns de Tancredo de Hauteville e da súa segunda esposa Fredisenda. Tancredo era un nobre normando descendente de Hiallt, un viquingo que se asentou en Normandía no século X, mentres que Fredisenda era posibelmente unha filla do duque Roberto I de Normandía, aínda que isto último se basea nunha información relativamente tardía.
miniatura|esquerda|160px|Robert Giscard e o seu irmán Roxerio.
Roxerio permaneceu en Normandía até a morte da súa nai e, en 1057 dirixiuse ao sur de Italia, onde varios dos seus irmáns xa se asentaran algúns anos antes. Roxerio fixou a súa residencia no castelo de Melfi, en Melfi, capital do condado de Puglia, dominio do seu irmán Robert Guiscard.
Foi a partir daquela cando Roxerio comezou a secundar o seu irmán nas campañas de Calabria, onde empezan a fustrigar os musulmáns. Segundo o cronista Goffredo Malaterra, as súas accións non eran diferentes a ataques de bandoleiros.
Poucos meses máis tarde, Robert regresou a Puglia para atallar unha rebelión dos baróns, deixando a Roxerio en Calabria. Este envíalle entón ao seu irmán axuda económica (resultado de roubos á poboación local) e un pequeno continxente de homes, que el mesmo dirixe, logrando acabar coa rebelión.
En outono de 1057 participou, baixo o mando de Robert, no sitio de Reggio pero, ao prolongarse demasiado, Roxerio atacou Gerace por orde do seu irmán dándolle a Robert a maior parte do botín conseguido. Sen chegar a conquistar Reggio, ambos os irmáns regresan ao norte de Calabria, onde o seu poder estaba consolidado. Posteriormente pediulle ao seu irmán asistencia en efectivo, pero este negouse, provocando que Roxerio decidira ofrecer a súa axuda a Guillerme do Principado, outro dos seus irmáns, poñendo a súa disposición os seus 60 homes.
Do seu irmán Guillerme, Roxerio recibiu un castelo en Scalea, desde onde dirixiu incursións que debilitaron o poder de Robert. Este, para contrarrestalo, sitia o seu castelo sen lograr tomalo. Ao ser Calabria unha zona pobre debido aos constantes saqueos dos aventureiros normandos, Roxerio e os seus homes saquearon a cidade próxima de Amalfi para poder sobreviviren. Ademais pedíanlle diñeiro aos viaxeiros a cambio de devolverlles as súas pertenzas que lles roubaran momentos antes.
Conquista definitiva de Calabria miniatura|200px|Castelo normando en Squillace. Durante a primavera de 1058 Calabria atravesaba unha época de fame negra. Na localidade de Nicastro, os poboadores negáronse a pagar impostos aos normandos, e rapidamente o descontento esténdese por toda a rexión.
Ao non poder lograr sometelos, Robert Guiscard pídelle ao seu irmán Roxerio axuda a cambio dunha alianza mediante a cal se dividirían por igual as terras sometidas e por someter, aínda que esta non se fixo efectiva até 1062.
A partir de 1059, ambos os irmáns dedicáronse a expulsar os bizantinos que ocupaban a parte sur de Italia. A principios do ano seguinte volven sitiar Reggio, que se rende no verán do mesmo ano.
Conquista de Sicilia Antecedentes miniatura|300px|Mapa político de Italia contra o ano 1000, pouco antes da chegada dos normandos. En violeta, posesións bizantinas. En agosto de 1059, o conde Robert Guiscard recibiu do papa Nicolao II pola graza de Deus e de San Pedro, duque de Puglia e Calabria, e de aquí en adiante, e coa súa axuda, duque de Sicilia.Bartlett, Robert (2003): La formación de Europa: Conquista, colonización y cambio cultural, 950-1350. Valencia: Universitat de València / Universidad de Granada. ISBN 84-370-5691-8. Consultado o 27 de setembro de 2016. A cambio, Robert Guiscard recoñeceu ao papa como o seu señor feudal, e apoiouno na súa loita contra o antipapa Benedito X. Roberto aceptou os títulos a pesar de que ningunha destas rexións pertencían ao papado, incluso partes de Puglia e Calabria estaban en mans dos bizantinos, e Sicilia estaba ocupada polos árabes. Co apoio papal, Robert asentouse na parte oeste dos seus dominios, e desde aí emprendeu a conquista dos territorios que estaban sen someter.
Na illa, o emirato de Sicilia estaba dividido en tres rexións: a parte noroccidental da illa (con Palermo, Trapani e Mazara) dominada por Abdullah ibn Haukal, o sueste (con Catania e Siracusa) controlado por Ibn al-Timnah, e o centro da illa, coa súa capital Enna, baixo a autoridade de Ibn al-Hawas. O tres sectores da illa loitaban entre si e ningún recoñecía a autoridade dos zíridas de Ifriqiya. Ademais, a maioría da poboación eran gregos, o que garantía o seu apoio aos invasores normandos.
En 1060 a esposa de Ibn al-Timnah fuxiu a Enna, dominio do seu irmán Ibn al-Hawas. Pronto Ibn al-Timna exixiu a devolución da súa esposa tras o cal sitiou Enna, pero foi completamente derrotado polo seu cuñado. En febreiro de 1061 Ibn al-Timnah reuniuse con Roxerio en Calabria, e lle pediu a súa axuda contra o emir de Enna. En caso de ter éxito, comprometíase a recoñecer a soberanía de Roxerio en Sicilia. Con isto Roxerio tiña unha escusa para invadir a illa, á vez que obtiña un valioso aliado.
Dado que Roxerio era vasalo do seu irmán máis vello Robert Guiscard, o encargado de liderar a conquista debería ser Robert, pero debido ás constantes rebelións dos baróns de Puglia e aos constantes enfrontamentos con nacións estranxeiras, só participou en tres campañas (en 1061, 1064 e 1071-1072). Ademais, os conflitos na península impediron a Robert achegar unha verdadeira axuda na conquista da illa, pois seu exército estaba formado só polos seus vasalos de Calabria e algúns normandos aventureiros, polo nunca foi grande. Debido a isto, a conquista de Sicilia estendeuse durante case trinta anos (desde 1061 a 1091), e foi obra de Roxerio, aínda que durante este período seguía sendo vasalo de Robert Guiscard e, tras a súa morte, do seu fillo e sucesor Roger Borsa.
Conquista de Mesina Durante febreiro de 1061, Roxerio e 160 homes, acompañados por Ibn al-Timnah, atravesaron o estreito de Mesina e desembarcaron na costa norte de Sicilia, desde onde realizaron pequenas incursións no interior da illa. Os normandos saquearon Rometta e Milazzo, onde obtiveron grandes botíns. Ante estes sucesos a gornición árabe de Mesina intentou atacar os invasores, pero o mal tempo frustrou o seu intento. A oportuna chegada de Serlo II de Hauteville, sobriño de Roxerio, permitiu un contraataque frontal por parte dos normandos.
Confiados pola recente vitoria, Roxerio atacou Mesina, pero a cidade opuxo tenaz resistencia polo que emprenderon a retirada, pero o mal tempo impediu a súa saída da illa polo que continuaron loitando durante tres días contra os árabes. Cando lograron partir foron atacados pola frota árabe, prolongándose o combate até as proximidades de Reggio, onde os musulmáns foron repelidos. Tras este fracaso, Roxerio regresou aos seus dominios e, en agradecemento pola axuda prestada por dita cidade doou o botín obtido a unha das súas igrexas.
miniatura|250px|A moderna Enna. Pódese ver claramente por que na Idade Media foi inexpugnábel debido á súa situación.
O 5 de maio de 1060 Roxerio e Robert Guiscard desembarcaron novamente en Sicilia. Os cronistas din que o exército estaba formado por unhas 2.000 persoas entre cabaleiros e infantaría. Despois de atravesar o estreito, Roxerio dirixiuse cun destacamento de 500 cabaleiros a Mesina, pero encontrou a cidade moi protexida debido a que os árabes foran advertidos da súa chegada. Pero coa chegada do resto dos soldados de Robert Guiscard, Mesina foi capturada. Os soldados árabes fuxiron ao interior da illa e a súa frota dirixiuse a Palermo co obxectivo de deter aos normandos.
Os árabes que quedaran en Mesina foron expulsados, deixando soamente aos gregos e unha gornición de soldados. Desta forma Mesina converteuse na primeira cidade de Sicilia conquistada polos normandos.
Roxerio, Robert e Ibn al-Timnah dirixíronse á Sicilia central pasando por Rometta, cidade leal a este último, e atravesaron Frazzanò, onde foron recibidos polos gregos como liberadores. Ao deixar gornicións en ambas as cidades, o exército de Robert reduciuse a só 700 homes polo que este viuse obrigado a desistir de tomar a cidade de Centuripe. Ibn al-Hawas, o emir de Enna, mandou un exército para enfrontarse aos normandos, os que, a pesar da súa superioridade numérica (segundo Malaterra uns 5 000 árabes fronte aos 700 normandos, aínda que esta cifra pode que sexa exaxerada) son derrotados.
A pesar desta vitoria, aos normandos resultoulles imposíbel sitiar Enna debido á súa situación, e por ser unha cidade adecuadamente fortificada. Ao achegarse o inverno, Robert e Roxerio víronse obrigados a regresar a Messina, onde construíron un castelo en San Marco d'Alunzio, que foi o primeiro castelo construído polos normandos na illa. Posteriormente ambos os irmáns regresaron a Calabria.
Conflito con Robert Guiscard e o asedio a Troina
O regreso de Roxerio a Mileto debeuse principalmente á súa voda con Xudite de Évreux, que chegara de Normandía. A principios de 1062 regresou a Sicilia e, xunto con ibn Al-Timnah, conquistaron Petralia, tras o cal regresou a Calabria.
Ao regresar a Mileto, Roxerio exixiulle ao seu irmán Robert Guiscard o cumprimento dos acordos de 1058, segundo os cales lle cedía a metade de Calabria, pero Robert negouse e sitiou Mileto. Durante e sitio Roxerio dirixiuse a Gerace, que lle permanecía fiel, pero cando Roberto se decatou, tamén sitiou esta cidade.
Tras un confuso incidente, os habitantes de Gerace xuraron fidelidade a Roxerio, e Robert comprometeuse a cumprir os acordos. Mentres tanto en Sicilia ibn Al-Timnah foi capturado e asasinado, e Roxerio regresa a Sicilia tan pronto como ve solucionado o problema co seu irmán.
Pero en Calabria aumentaba o descontento contra os normandos, e os seus habitantes rebeláronse e intentaron tomar a Xudite como refén, pero a gornición deixada por Roxerio fíxolles fronte. En Sicilia os gregos aliáronse cos musulmáns e sitiaron a Roxerio en Troina durante catro meses. Durante o inverno Roxerio logra escapar da cidade e derrotar a rebelión, axustizando aos seus líderes.
Despois de controlar a rebelión, Roxerio deixou en Troina unha gornición baixo o mando de Xudite, mentres que el e unha presada de soldados regresaron a Calabria en busca de cabalos. Na súa ausencia, Xudite aprendeu moito ao mando do exército, facendo roldas nas fortificacións, mesmo pola noite, e animando aos soldados para que estiveran alerta.
As batallas de Cerami e Misilmeri miniatura|280px|Roxerio durante a batalla de Cerami. miniatura|280px|Encontro de san Bruno con Roxerio I de Sicilia. Cadro de Viente Carducho. Museo do Prado.