Angry Birds é un videoxogo desenvolvido pola compañía finesa Rovio Mobile que comezou a franquía Angry Birds. Inspirado principalmente por un bosquexo de paxaros sen ás e estilizados, o xogo foi estreado para iOS e Maemo en decembro de 2009. Dende entón, máis de 12 millóns de copias foron mercadas para iOS na App Store, o cal levou á compañía a deseñar versións para móbiles intelixentes baseados en pantalla táctil, sendo as máis destacables Android, Symbian, Windows Phone e BlackBerry 10. Dende entón, o título espallouse a xogos de consola e de PC. A súa secuela, Angry Birds 2, foi estreada o 30 de xullo de 2015.

No xogo, o xogador emprega un tirapedras para disparar paxaros ós porcos que están situados dentro ou arredor de diversas estruturas. O principal obxectivo é destruír tódolos porcos da pantalla. Conforme os xogadores avanzan no xogo, novos tipos de paxaros están dispoñibles, cada un coas súas habilidades especiais que poden ser activadas.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Videoxogos de 2009 Categoría:Videoxogos de Android Categoría:Videoxogos de BlackBerry 10 Categoría:Videoxogos de BlackBerry PlayBook Categoría:Videoxogos de Facebook Categoría:Videoxogos de iOS Categoría:Videoxogos de lóxica Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Finlandia Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Windows Phone