A Asociación Coro Gospel Vida, tamén coñecida simplemente como Coro Gospel Vida, é unha asociación cultural adicada á formación musical e cultural arredor da música gospel e á difusión da idiosincrasia propia deste xénero musical e cultural. O seu eido de actuación é toda a comunidade galega e a súa sede atópase na cidade de Vigo.
Historia
A Asociación creouse oficialmente no ano 2016, mais o seu percorrido cultural pódese rastrexar algún tempo antes da súa aparición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, onde se pode atopar baixo o nome de "Asociación Coro Góspel Vida" entre as asociacións do eido central. A primeira referencia que se atopa na prensa local sobre esta asociación é no ano 2014 no diario La Voz de Galicia así como no Diario de Arousa.
No ano 2016 produciuse a federación da asociación na Federación de Coros Gospel de España, tamén coñecida polo seu acrónimo Fedegospel.
Actividade
O Coro Gospel Vida, ademais de ser unha asociación cultural ten unha clara vertente solidaria, pois a recadación de todas as súas actividades, principalmente concertos, é doada a alguna causa social da localidade.
No ano 2014 as localidades nas que realizaron actividades solidarias foron Cangas de Morrazo, Ribeira e Bueu.
No ano 2015 visitaron coas súas actividades solidarias as localidades de Ferrol, Ribeira, Cangas de Morrazo, Bueu, Pontevedra e Vigo.
No ano 2016 visitaron novamente Bueu e por primeira vez Santiago de Compostela, onde colaboraron na gravación do programa 1500 de "Nacer de Novo" para a Televisión de Galicia. Además, neste ano realizaron en Vigo un taller de dous días sobre a música gospel co director e compositor sueco Joakim Arenius.
No ano 2017 realizaron en Bueu as II Xornadas Gospel Vida contando coa participación de Nancy Roncesvalles, directora do Coro Gospel de Madrid.http://concellodebueu.org/actividade.php?filId=1958&idioma=es&filDpto=0&filTipo=0&filEstado=0&filNome=0&filSel1=0&filSel2=1&filMenu=SUBMENU4&filIni=20 Ademais, realizaron concertos en Moaña, Cangas de Morrazo, Ribeira e Ponteareas.
No ano 2018 organizaron concertos en Vigo e Cee.
Premios e recoñecementos
O Coro Gospel Vida foi galardoado polo seu labor solidario no concello de Ribeira coa medalla do concello no ano 2015.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Gospel
Ligazóns externas Páxina oficial da Asociación Coro Gospel Vida Fedegospel: Federación Española de Gospel
Categoría:Asociacións musicais de Galicia Gospel