A Biblioteca da Tradución Galega, coñecida tamén co acrónimo BITRAGA, dependente do grupo de traballo composto por docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de VigoO grupo Bitraga analiza a influencia da tradución na literatura galega, nova publicada o 24 de novembro de 2015 na páxina web do Consello da Cultura Galega., contén a referencia bibliográfica dos textos literarios traducidos doutras linguas á galega e da galega cara á outras linguas. Nun primeiro momento, o arquivo recolle as traducións literarias publicadas dende 1980. Trátase dun proxecto aberto e colaborativo.
En 2016 a súa responsable era a profesora Ana Luna Alonso. Ademais dun equipo formado polas profesoras Iolanda Galanes, Áurea Fernández Rodríguez, Silvia Montero Küpper (responsable dende 2017)A tradución exterior de obra galega. Normalización dunha cultura emerxente?, Iolanda Galanes Santos, Universidade de Vigo. e Patricia Buján Otero, tamén conta con achegas de diversos colaboradores, tales que Raquel Alonso Araujo, Alejandro Alonso Martínez, Silvia Duarte Collazo, Óscar Ferreiro Vázquez, Elizabete Manterola Agirrezabalaga, Iolanda Mato Creo, Liliana Valado Fernández, Bárbara Álvarez Fernández ou Paz Orois.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial A proxección da literatura galega a través da tradución. Grupo BITRAGA
Categoría:Tradución Categoría:Bibliotecas dixitais Categoría:Bibliotecas de Galicia Categoría:Universidade de Vigo