Pío II, nado Enea Silvio Piccolomini () en Corsignano o 18 de outubro de 1405 e finado en Ancona o 14 de agosto de 1464, foi un humanista, teólogo e xerarca relixioso italiano, 210º papa da Igrexa católica, dende 1458 até a súa morte, seis anos despois.
Traxectoria
Actividade política Aínda como Enea Silvio, antes de ser papa, viaxou a Escocia para pedir o apoio da coroa escocesa a Francia na guerra dos Cen Anos (no seu libro titulado De Europa adica unha sección do libro a Escocia e Irlanda. Describiu ao rei Xacobe como "un home enfermizo lastrado por unha barriga gorda". Notou o clima inhóspito de Escocia e "uns pobres semiespidos que estaban pedindo fóra das igrexas (e) foron felices despois de recibir pedras como esmola".O papa probabelmente viu o agasallo do carbón a esmoleiros, que a miúdo recibían para quentar as habitacións. Continuando nesta liña, rexistra a seguinte historia:
"Escoitamos que en Escocia había unha vez unha árbore na beira dun río que producía froitos en forma de patos.Véxase http://mdz-nbn-resolving.de/urn:nbn:de:bvb:12-bsb10159158-6 – fol.55v, liña 5" sendo o primeiro relato rexistrado do mito da árbore dos gansos-percebe en Escocia.Vexa as seguintes fontes para obter detalles sobre a historia contada por Pío II en De Europa e Commentario. Pius, Florence A. Gragg e Leona C. Gabel. 1988. Secret memoirs of a Renaissance Pope : the commentaries of Aeneas Sylvius Piccolomini, Pius II : an abridgement (Folio Society: Londres); Piccolomini, Aeneas Silvius, Robert Brown, Nancy Bisaha e Proquest (Firm). "Europe (c. 1400-1458)." - en - http://ebookcentral.proquest.com/lib/abdn/detail.action?docID=3135080; e, "Cosmographia, 1509, (París)". O libro de Nancy Bisaha e Robert Brown contén unha extensa bibliografía do papa Pío II, Ady, Cecilia M. 1913. Pius II (Aeneas Silvius Piccolomini) : the Humanist Pope (Methuen: Londres). Contén unha bibliografía e un relato dos gansos-percebe - p. 44.
Como sucesor de Calisto III, dirixiu o seu pontificado cara a unha nova cruzada contra os turcos, para o que reuniu un congreso na cidade de Mantua, e que finalmente nunca se concretaría. miniatura|esquerda|Pío II
Actividade intelectual Foi un dos máis notables humanistas do seu tempo e protexeu as artes e as letras.
En 1460 fundou a Universidade de Basilea. Pío II é o único papa que escribiu a súa autobiografía.
Foi autor intelectual doutras obras, como a historia da súa vida, titulada Comentario, a única autobiografía escrita xamais por un papa e dirixida a un bispo da Igrexa en 1462, condenou a redución á escravitude dos conversos.
Foi o autor do libro erótico "Historia de dous amantes", escrito antes de ser Papa.
Familia Naceu en Corsignano, en Italia, no territorio sienés dunha familia nobre, pero en decadencia. Tivo un sobriño que tamén foi papa, Pío III, así como un dos descendentes do seu irmán (Bieito XIII). Xa electo Papa, arranxou a reurbanización da súa casa natal, Corsignano, que en adiante se chamaría Pienza, tomando o nome de Pío.
Notas
Véxase tamén
Guerra dos Cen Anos Universidade de Basilea Escravitude Cruzadas Mito da árbore dos gansos
Bibliografía
Categoría:Papas Categoría:Nados en 1405 Categoría:Finados en 1464 Categoría:Nados na provincia de Siena