Tom Høgli, nado o 24 de febreiro de 1984, é un futbolista noruegués que xoga na Superliga danesa co F.C. København.

Traxectoria

Bodø/Glimt Xogou durante varias tempadas co Bodø/Glimt, procedente do Skånland og Omegn IF, mais na tempada 2007 o club transferiuno ao Tromsø.

Tromsø Durante o seu primeiro ano actuou como substituto de Patrice Bernier no medio campo central. O 29 de maio de 2011 marcou o seu primeiro gol para o Tromsø nunha vitoria 4–0 contra o Brann.

Club Brugge O 18 de xuño de 2011 fichou co Club Brugge da Jupiler Pro League belga.

F.C. Københav Logo de tres tempadas co Brugge, Høgli firmou o 31 de xaneiro de 2014 co club danés F.C. København e debutou na liga danesa o 20 de xullo nun encontro co Silkeborg IF.

Carreira internacional Xogou na selección norueguesa sub-21. Coa selección de Laponia foi o máximo anotador da Copa do Mundo VIVA 2006. O 20 de agosto de 2008, Høgli fixo a súa estrea coa selección absoluta de Noruega nun partido amigable contra Irlanda.

Notas

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Xogadores do Club Brugge KV Categoría:Xogadores do FK Bodø/Glimt Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Laponia Categoría:Nados no condado de Troms og Finmark Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do F.C. København Categoría:Xogadores do Tromsø IL