Manuel Ramiro Souto, Souto, nado en Ombre (Culleredo) en 1925 e finado en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego. Traxectoria Albanel. En 1945 pertencía ao grupo volante destacamento Manolito Bello da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia con José María Castelo Mosquera, Vicente Peña Tarrasa, Manuel Pena Camino e Carmen Temprano Salorio, que actuaba nas Mariñas. Reclamado polo xuíz militar de Santiago de Compostela en novembro de 1948 xunto con José María Castelo Mosquera, Francisco Paz Fornos e Emilio Pérez Vilariño.Faro de Vigo, 19-11-1948, p. 4.

Cando estaban refuxiados na casa da familia Teiga en Zas (Negreira) foron descubertos pola Garda Civil o 5 de marzo de 1949. Manuel logrou fuxir e despois de dous días de marcha, chegou á zona de Ordes, onde contactou cun punto de apoio grazas ao que foi recollido por outros compañeiros. Foi abatido en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952 con José Galán Núñez cando a Garda Civil rodeou a casa onde estaban agochados; o outro compoñente da partida, Juan Couto Sanjurjo, foi detido.La Voz de Galicia, 25-6-1952, p. 3.

Soterrárono xunto á igrexa de Visantoña, e en 2024 exhumáronse os seus restos. En 2025 os seus restos leváronse ao cemiterio de Almeiras. Galería de imaxes

Notas

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Culleredo Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes