Guillermo Gustavo "Willy" Hernangómez Geuer, nado o 27 de maio de 1994 en Madrid, é un xogador de baloncesto profesional español que xoga no FC Barcelona da Liga ACB.
Traxectoria profesional ACB Hernangómez xogou as súas dúas primeiras tempadas coma profesional no equipo reserva do Real Madrid. No verán de 2013, foi cedido ó CB Sevilla da Liga ACB, onde xogou dúas tempadas. O 17 de xullo de 2015 volveu ó Real Madrid, e debutou co primeiro equipo. Na súa primeira e única tempada en ACB co Real Madrid, fixo 5.7 puntos e 3.3 rebotes en 34 partidos.
NBA Hernangómez declarouse elixible para o Draft da NBA de 2015, onde foi elixido na 35ª posición polos Philadelphia 76ers. Na mesma noite do Draft, os seus dereitos foron traspasados ós New York Knicks. O 8 de xullo de 2015, asinou o seu contrato cos Knicks. Debutou co equipo no primeiro partido da tempada, anotando 4 puntos en 9 minutos de xogo na derrota por 117-88 contra os Cleveland Cavaliers.
O 7 de febreiro de 2018, Hernangómez foi traspasado ós Charlotte Hornets a cambio de Johnny O'Bryant III e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de España Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de España Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024