Godofredo de Bouillon, nado o 18 de setembro de 1060 e finado en Xerusalén o 18 de xullo de 1100 foi un cabaleiro franco, e un dos líderes da Primeira Cruzada dende 1096 até a súa morte. Foi señor de Bouillon, do cal tomou o seu epíteto, dende 1076 e Duque da Baixa Lorena dende 1087. Despois do exitoso sitio de Xerusalén no 1099, Godofredo converteuse no primeiro gobernante do Reino de Xerusalén. Rexeitou o título de Rei, xa que consideraba que o verdadeiro Rei de Xerusalén era Xesucristo, preferindo o título de Protector ou Defensor do Santo Sepulcro (). Tamén é coñecido como o "Barón do Santo Sepulcro" e o "Rei Cruzado".

Véxase tamén

Bibliografía Godfrey of Bouillon, Encyyclopadeia Britannica (11th Edition), Volume XII, Cambridge at the University Press, Cambridge, 1910, px. 172-173 Andressohn, John Carl. The Ancestry and Life of Godfrey of Bouillon. Indiana University Publications, Social Science Series 5. 1947.

Categoría:Nados en 1060 Categoría:Finados en 1100 Categoría:Personalidades do catolicismo de Francia