Morten Gamst Pedersen, nado o 8 de setembro de 1981 en Vadsø, é un futbolista noruegués que como centrocampista ou extremo esquerdo.
Traxectoria
Primeiros anos Orixinario do condado de Finnmark, comezou a súa carreira no Tromsø IL, o club da principal cidade do norte do país, Tromsø.
Blackburn Rovers Logo de catro anos no campionato noruegués, onde logrou marcar unha media dun gol cada dous partidos, fichou polos Blackburn Rovers en 2004 e xogou o seu primeiro partido da Premier League o 28 de agosto de 2004, contra o Manchester United, que acabou nun empate 1-1. Rematou a tempada 2004-2005 como o segundo mellor goleador do club, con 8 goles.
Durante a tempada 2006-2007 figurou como titular na maioría dos encontros, xogando como extremo esquerdo e marcou 6 goles na liga, ademais de realizar 11 asistencias.
Turquía En agosto de 2013 firmou de balde co club turco do Karabükspor.
Rosenborg En marzo de 2014 volveu a Noruega para xogar co Rosenborg«Satses på som midtbanespiller» , RBK.no 8 de marzo de 2014, principiou ben a tempada pero unha lesión arredouno dos terreos de xogo e en xaneiro de 2016 o club e o xogador concordaron en poñer fin ao contrato.«Gamst Pedersen ferdig i Rosenborg», Aftenposten, 7 de xaneiro de 2016 e ao pouco fichou polo Tromsø"Morten Gamst Pedersen klar for Tromsø", Aftenposten, 9 de xaneiro de 2016
Carreira internacional Morten Gamst Pedersen xogou por primeira volta coa selección do seu país en 2004, e o o 18 de febreiro de 2004 marcou dous goles contra Irlanda do Norte, nunha vitoria final por 4 a 1. O 2 de setembro de 2006, durante un partido de clasificación para a Eurocopa 2008 contra Hungría marcou un gol semellante ao realizado polo seu ídolo, a estrela neerlandesa da década de 1980 Marco van Basten, na final da Eurocopa de 1988. Os xornais noruegueses, como o Aftenposten ou o Dagbladet déronlle o sobrenome de "Van Gamsten".«Morten van Gamsten », VG, 2 de setembro de 2008 Logo dese partido recibiu o Gullklokka, que é unha distinción dada os internacionais noruegueses que chegaron ás 25 convocatorias coa selección nacional.
O 12 de agosto de 2009, nun partido de clasificación para o mundial de 2010 contra Escocia, marcou un dobre que lle permitiu ao seu equipo impoñerse. Xogou o seu último partido coa selección nacional contra Chequia o 5 de marzo de 2014 nun empate 2–2.
Notas
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados no condado de Troms og Finmark Categoría:Futbolistas de Noruega Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Xogadores do Rosenborg BK Categoría:Xogadores do Tromsø IL Categoría:Xogadores do Blackburn Rovers FC Categoría:Xogadores do Karabükspor