Anna Sui (chinés tradicional: 蕭志美, simplificado: 萧志美, pinyin: Xiāo Zhìměi, xaponés: アナスイ), nada o 4 de agosto de 1964 en Detroit, é unha deseñadora de moda estadounidense.

Traxectoria

Foi nomeada unha das "Top 5 Iconas de Moda da Década" pola revista Time. En 2009 gañou o Geoffrey Beene "Lifetime Achievement Award" do Consello de Deseñadoras de Moda de América (CFDA), xuntándose ás filas de Yves Saint Laurent, Giorgio Armani, Ralph Lauren e Diane von Furstenberg. As categorías da súa marca inclúen liñas de moda, zapatos, cosméticos, perfumes, lentes, xoias, accesorios e unha liña de agasallos. Os produtos de Anna Sui son vendidos a través das súas tendas e distribuidores libres por todo o mundo en máis de 50 países. En 2006, a Fortune estimou o valor colectivo de imperio da moda de Sui en máis de US $ 400 millóns. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial Instagram

Categoría:Nados en Detroit Categoría:Nados en 1964 Categoría:Artistas dos Estados Unidos de América Categoría:Moda Categoría:Perfumería