Mireia Montávez García, nada en Vila-seca (Tarragona) o 25 de xuño de 1982, é unha cantante española que saltou á fama como concursante da primeira edición de Operación Triunfo.

Traxectoria Tras o seu paso polo programa en 2001, formou parte do grupo Fórmula Abierta con tres dos seus compañeiros entre 2002 e 2005. Entre 2005 e 2009 foi unha das compoñentes de Sonora Group. En 2013 iniciou un novo proxecto co grupo La Banda de Mireia. En 2015 entrou a formar parte do grupo La Década Prodigiosa, que celebraba o seu 30 aniversario.

En outubro de 2016 participou en OT: El Reencuentro xunto aos seus 15 excompañeiros, unha serie de tres documentais e un gran concerto para rememorar os 15 anos da primeira edición do programa.

Discografía Fórmula Abierta Aún hay más (2002) La verdad (2003) Fórmula 04 (2004)

La Banda de Mireia La Banda de Mireia (2013)

La Década Prodigiosa 30 años contigo (2015)

Categoría:Cantantes de España Mireia Categoría:Nados en Vila-seca Categoría:Nados en 1982