Eugénio de Paula Tavares, nado en Illa Brava o 18 de outubro de 1867 e finado en Vila Nova Sintra o 1 de xuño de 1930, foi un xornalista, escritor e poeta caboverdiano, coñecido especialmente polos seus poemas-cantigas (mornas), escritos na variedade de crioulo caboverdiano de Brava.
Traxectoria Seus pais eran portugueses que tiveran que deixar Guinea pola inseguridade da zona, a nai, embarazada, foi á casa paterna, na Illa de Fogo e logo á casa dun familiar na Illa Brava e alí naceu Eugènio pero a nai non sobreviviu ao parto e adoptouno a súa madriña Eugénia Martins da Vera Cruz Medina e Vasconcelo e o seu home, o médico José Martins de Vera CruzBiografia de Eugénio Tavares eugeniotavares.org. Comezou a escribir de novo, publicou o seu primeiro poema con quince anos no Almanaque de Lembranças Luso-BrasileiroO Novo Poeta cria grande expectativa na Colónia eugeniotavares.org. e ao pouco vai a Mindelo traballando nunha casa comercial que representaba os intereses consulares dos Estados Unidos e empezou a colaborar coa prensa local. En 1888 desexando coñecer a Cabo Verde profunda logrou un posto na facenda pública de Tarrafal, descubriu a illa de Santiago e a súa fala, diverxente nalgúns aspectos do crioulo caboverdiano da súa illa natal. Volveu á Illa Brava en 1890 para traballar na facenda da illa. Nesta fase, as súas mornas gañan contido e sonoridade. Os novos temas son o amor, a illa, o mar, a muller, o emigrante, a partida, a saudade. En 1895 publicou o primeiro libro en crioulo caboverdiano, ManidjasEugenio Tavares , vidaslusofonas.pt. En 1900 tivo que marchar ao exilio aos Estados Unidos por expoñer na prensa a fame que pasaba o pobo nas illas A vingança dos mediocres eugeniotavares.org. Estableceuse en New Bedford e alí fundou o periódico Alvorada, volveu en varias ocasións clandestinamente a Cabo Verde e cando se implantou a república en Portugal volveu do exilio. En 1911 era o redactor do semanario A Voz de Cabo Verde e en 1922 instalouse definitivamente na Brava. Espiritista, colaborou en 1929 con diversos artigos na "Revista de Espiritismo", órgano da Federación Espírita Portuguesa. Da súa pluma saíron vigorosos e destemidos artigos de propaganda neoespiritista. O escritor e lingüista Baltasar Lopes da Silva consideraba a súa poesía en portugués moi mediocre pero pola contra súa obra en crioulo era magnífica.Basil Davidson (1989) The Fortunate Isles: A Study in African Transformation. Africa World Press, p. 43 Nos últimos anos da súa vida preparou un volume con algunhas das súas mornas, que se publicaron en libro postumamente en 1932 co título de Mornas. Cantigas crioulas e na que inclúe unha recreación en crioulo dun poema de Luís de CamõesMaria da Graça Gomes de Pina "Bárbara scrába dentro e fora da Lusofonia: Camões e Tavares" en Portuguese Studies Review, Vol. 22, No. 1 (2013) Obras Canção ao Mar Morna aguada Morna de Despedida Notas
Categoría:Escritores de Cabo Verde Categoría:Finados en 1930 Categoría:Nados en Brava Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Escritores en crioulo caboverdiano Categoría:Nados en 1867