Manuel González Ramos, nado na Baña o 25 de marzo de 1889 e finado en Alacant o 31 de marzo de 1979, foi un mestre e político socialista galego.
Traxectoria En 1903 emigrou á Habana, onde ingresou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Cara a 1913 volveu a Galicia; foi nomeado mestre interino de Antes (Mazaricos) en marzo de 1917.El Correo de Galicia, 21-3-1917, p. 2. Aprobou as oposicións de Maxisterio en 1923 e foi nomeado mestre de Carreira (Zas) e despois de Biduído (Ames) (1924-1928), onde coincidiu con Manuel Moure Gómez. Colaborou en Eco de Galicia e El Despertar Gallego. En novembro de 1928 foi expedientado polo Ministerio de Instrución Pública e sancionado con suspensión de emprego e soldo durante un ano e perda de escola, pola súa actividade política.El Pueblo Gallego, 27-11-1928, p. 14.
Estableceuse en Alacant en 1929 e foi nomeado director de Mundo Obrero de Alicante e secretario da Oficina de Información e Propaganda socialista da provincia de Alacant.El Pueblo Gallego, 30-10-1929, p. 8. Alí foi elixido en 1930 secretario-contador da Agrupación Socialista de Levante e foi encarcerado por participar nos sucesos revolucionarios de decembro de 1930. En 1931 foi elixido concelleiro do concello de Alacant, e posteriormente deputado pola provincia de Alacant nas eleccións xerais de 1931 e 1933, aliñado sempre na tendencia de Julián Besteiro. Participou en 1935 xunto con Andrés Saborit na creación do diario Democracia, que se opuña á tendencia prosoviética do PSOE. Nas eleccións xerais de 1936 intentou formar unha lista disidente dentro da Fronte Popular con Juan Botella Asensi, Romualdo Rodríguez de Vera e Gregorio Ridaura, pero non obtiveron escano.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e encarcerado en setembro. Ao saír en liberdade apartouse da actividade política. Nos anos sesenta viviu en Venezuela, onde estaba establecido un dos seus fillos. Regresou a España e en 1977 e incorporouse ao sector histórico do PSOE, sendo presidente da organización en Alacant.
Obras Tesis histórica de Colón gallego, 1927. Cartas autógrafas de Pablo Iglesias, fundador del Partido Socialista Obrero Español, a Angel Martínez, de Alicante, 1976.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas da Baña Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados na Baña Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1979