FANCF (do inglés Fanconi anemia complementation group F protein, proteína do grupo de complementación F da anemia de Fanconi) é unha proteína que nos humanos están codificados polo xene FANCF do cromosoma 11.

Interaccións

FANCF presenta interaccións con FANCC, FANCG, FANCA e FANCE.

Función FANCF é unha proteína adaptadora que desempeña un papel clave na correcta ensamblaxe do núcleo do complexo proteico FA. O núcleo do complexo FA consta de oito proteínas (FANCA, -B, -C, -E, -F, -G, -L e -M). FANCF estabiliza a interacción entre os subcomplexos FANCC/FANCE e FANCA/FANCG e pecha o núcleo do compleco FA nunha conformación que é esencial para realizar a súa función na reparación do ADN.

O núcleo do complexo FA é un complexo que se encontra no núcleo celular que é esencial para a monoubiquitinación de FANCD2 e esta forma modificada de FANCD2 colocalízase con BRCA1, RAD51 e PCNA en focos que tamén conteñen outras proteínas de reparación do ADN. Todas estas proteínas funcionan xuntas para facilitar a reparación de enlaces cruzados entre as febras do ADN. Tamén funcionan noutros procesos de reparación de resposta aos danos no ADN, como a recuperación e estabilización de forcadas de replicación atascadas. A proteína FoxF1 tamén interacciona coa proteína FA da parte central do complexo e induce a súa unión á cromatina para promover a reparación do ADN.

Cancro

Os danos no ADN parecen ser a principal causa subxacente do cancro, e as deficiencias na expresión dos xenes de reparación do ADN parecen estar na base de moitas formas de cancro. Se a reparación do ADN é deficiente, tenden a acumularse os danos no ADN. Ese exceso de danos no ADN pode incrementar as mutacións debido á síntese translesión tendente ao erro. O exceso de danos no ADN pode tamén incrementar as alteracións epixenéticas debido a erros durante a reparación do ADN. Tales mutacións ou alteracións epixenéticas poden dar lugar a un cancro.

As reducións na expresión dos xenes de reparación do ADN (xeralmente causados por alteracións epixenéticas) son moi comúns nos cancros, e na maior parte dos casos son moito máis frecuentes que os defectos mutacionais en xenes de reparación do ADN en cancros.Carol Bernstein and Harris Bernstein (2015). Epigenetic Reduction of DNA Repair in Progression to Cancer, Advances in DNA Repair, Prof. Clark Chen (Ed.), ISBN 978-953-512-209-8, InTech, Available from: http://www.intechopen.com/books/advances-in-dna-repair/epigenetic-reduction-of-dna-repair-in-progression-to-cancer

A metilación da rexión promotora do xene FANCF causa a redución da expresión da proteína FANCF.

Na seguinte táboa indícanse as frecuencias da metilación do promotor de FANCF en varios tipos de cancro.

+ Frecuencia de metilación do promotor de FANCF en cancros esporádicos Cancro Frecuencia Ref.Cancro de ovario epitelial 32%Carcinoma cervical 30%Cancro de ovario 21%-28%Carcinomas escamosos de cabeza e pescozo15%Cancro de pulmón de células non pequenas14%Tumor de células xerminais masculinas6%

En cancros de mama invasivos o microARN-210 (miR-210) está incrementado, á vez que a expresión de FANCF diminúe, e FANCF é unha das probables dianas de miR-210.

Aínda que as mutacións en FANCF xeralmente non se observan en tumores humanos, viuse que un modelo de ratos deficiente en FANCF era propenso ao cancro de ovario.

FANCF parece ser un dos aproximadamente 26 xenes de reparación do ADN que son reprimidos epixeneticamente en varios cancros.

Infertilidade

As gónadas de ratos mutantes para FANCF funcionan anormalmente, e teñen alterado o desenvolvemento dos folículos e a espermatoxénese, como se observou noutros modelos de ratos para a anemia de Fanconi e en pacientes humanos de anemia de Fanconi. O exame histolólxico dos testículos de ratos deficientes en FANCF mostrou que os túbulos seminíferos estaban desprovistos de células xerminais. Na semana 14 de idade, os ratos femias deficientes en FANCF estaban case ou compeltamente desprovistos de flículos primordiais. Concluíuse que os ratos deficientes en FANCF mostran unha depleción rápida de folículos primordiais a idades novas teñen como resultado o envellecemento do ovario.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Proteínas