The Smashing Pumpkins é unha banda de rock alternativo estadounidense que destacou durante a década dos 90. Formouse no ano 1987 en Chicago e separouse no ano 2000. A súa formación clásica estivo composta por Billy Corgan (guitarra e voz), James Iha (guitarra), D'Arcy Wretzky (baixo) e Jimmy Chamberlin (batería). D'Arcy deixou o grupo en 1999 e foi substituída pola baixista canadense Melissa Auf der Maur, que proviña da banda Hole.

A principios do ano 2006 Billy Corgan e Jimmy Chamberlin volveron resucitar The Smashing Pumpkins e comezaron a gravar un novo traballo despois de seis anos de silencio. Este disco, titulado Zeitgeist, saíu o 6 de xullo de 2007Nos Estados Unidos de América e Canadá o lanzouse o 10 de xullo de 2007. a través do selo Reprise Records. Billy Corgan e Jimmy Chamberlin contaron cos novos membros Jeff Schroeder (guitarra, vocais), Ginger Reyes (baixo, vocais) e Lisa Harriton (teclados, vocais) para a xira de divulgación do álbum Zeitgeist.

En marzo do ano 2009, Corgan anunciou que Chamberlin deixaba a banda, pero que el continuaría gravando e actuando usando o nome de The Smashing Pumpkins. Corgan recrutou ao batería Mike Byrne para substituílo. O grupo publicou o seu derradeiro traballo ata a data, Oceania, en xuño do ano 2012.

Renegando das raíces punk rock de moitas das bandas de rock alternativo da súa época, The Smashing Pumpkins ten un son diverso, denso e con guitarras pesadas, contendo elementos de rock gótico, heavy metal, dream pop, rock psicodélico, rock progresivo, shoegazing e, nas últimas gravacións, música electrónica.

Biografía Os comezos A formación da banda Aos 19 anos, o cantante e guitarrista Billy Corgan deixou a súa cidade natal de Chicago, Illinois, e trasladouse a St. Petersburg en Florida coa súa banda de rock gótico The Marked, chamada así polas marcas de nacemento que tiñan Billy e o batería nunha man. O conxunto tivo un éxito limitado e rapidamente se disolveu. Corgan volveu a Chicago e comezou a traballar nunha tenda de discos e formou a idea de crear unha banda chamada The Smashing Pumpkins. miniatura|esquerda|Billy Corgan, líder da banda En 1987, na tenda, Billy coñeceu a James Iha, un descendente de xaponeses que estudaba artes gráficas na Loyola University e tiña un grupo chamado Snake Train. Co tempo, James e Billy decatáronse de que tiñan gustos e intereses semellantes e acabaron por formar xuntos unha banda. James continuou tocando con Snake Train, mentres Billy buscaba a outras persoas interesadas en xuntarse a eles. Xuntos comezaron a compoñer temas, coa axuda dunha caixa de ritmos, cunha forte influencia de The Cure e New Order.Kot, Greg (xaneiro de 2002). "Pumpkin Seeds". Guitar World.

O dúo, con Corgan no baixo, Iha na guitarra e a súa caixa de ritmos,Kelly, Christina (1 de decembro de 1995). "Smashing Pumpkins: The Multi-Platinum Band Is Over the Infighting But Can the Harmony Last?". Us Weekly actuou por vez primeira o 9 de xullo de 1988 nun bar chamado Chicago 21.

Pouco despois Billy coñeceu a D'Arcy nun bar de Chicago, chamado Avalon. No seu exterior comezaron a discutir sobre a banda que acababa de tocar alí, Dan Reed Network. Durante a discusión ela comentou que tocaba o baixo e Billy díxolle que tiña unha banda e que estaba na procura dun baixista, e convenceuna para que se unise á banda. Xa como trío realizaron un concerto no Avalon Nightclub,"From Fighting to Smashing". The Washington Post. 19 de novembro de 1993"Jimmy Chamberlin [entrevista]". Modern Drummer. Xaneiro de 1994 e tras o mesmo o propietario do Cabaret Metro, Joe Shanahan, aceptou contratar a banda coa condición de que substituísen a caixa de ritmos por un batería en directo.

A esas alturas, Billy e James xa tiñan algún material gravado. Xunto con Ron Roesing (o batería de The Marked) gravaron unha demo no estudio doméstico do produtor Bob English, en xuño de 1988. A cinta foi titulada Nothing Ever Changes e a banda gañou o nome de The Smashing Pumpkins. Pouco despois desa primeira experiencia nun estudio, Ron deixou o grupo. Cunha caixa de ritmos, Billy e James gravaron unha segunda demo, que tiña cancións como "My Eternity", "Screaming" e "Bleed", todas compostas por Corgan e déronlle esa cinta a Joe Shanahan, dono do Metro Club, lugar bastante famoso en Chicago.

A primeira presentación de The Smashing Pumpkins aconteceu no día 10 de agosto de 1988 no Avalon, con preto de 50 persoas no público. D'arcy xa tocaba o baixo, con Billy nas voces e á guitarra, e James na segunda guitarra (a batería aínda era electrónica). Joe Shanahan estaba presente e gustoulle a actuación da banda, polo que os convidou a tocar no Metro Club cunha condición: que atopasen un batería de verdade.

A partir desa condición os Pumpkins comezaron a buscar un cuarto membro, mentres facían pequenos concertos e comezaban a ser coñecidos no underground americano. Un amigo de Billy suxeriulles contactar con Jimmy Chamberlin"Jimmy Chamberlin [entrevista]". Modern Drummer. Xaneiro de 1994., un batería de jazz que fora integrante de JP & The Cats. Jimmy estaba desempregado nesa época, e aceptou a invitación de Billy Corgan para entrar en The Smashing Pumpkins. El incluso estivera presente nalgúns dos primeiros concertos da banda e pensaba que o grupo era unha "atrocidade", pero con potencial e moi boas letras. O día 5 de outubro The Smashing Pumpkins realizou a súa primeira actuación con Chamberlin no Cabaret Metro.

As primeiras actuacións como cuarteto En novembro de 1988, os Pumpkins (xa cun certo prestixio no circuíto alternativo) conseguiron unha boa oportunidade de divulgar o seu traballo: foron convidados para abrir un concerto de Jane's Addiction, unha das bandas de rock alternativo máis importantes dos Estados Unidos.

A comezos de 1989, The Smashing Pumpkins participou nun programa especial da radio WZRD de Chicago, tocando 11 temas para promover o seu futuro primeiro álbum e unha nova demo gravada (que non tiña título) pouco tempo antes. O día 17 de marzo (Billy cumpría 22 anos ese día), tocaron nun festival chamado Light Into Dark, que contaba tamén con outras catro bandas de Chicago. Cada banda tivo 30 minutos para amosar o seu traballo, e máis tarde un recompilatorio dese festival saíu polo selo Halo Records, onde The Smashing Pumpkins aparece con dúas cancións, "Sun" e "My Dahlia". En setembro, unha nova demo, chamada Moon, foi gravada e comercializada pola banda. Para pechar o ano, foron convidados para ser os abreconcertos de The Lemonheads en novembro, e participaron nun concerto o último día do ano ao lado da banda My Life With Thrill Kill Kult. miniatura|200px|James Iha, guitarrista da banda O ano de 1990 comezou co lanzamento dun vinilo de 7" chamado "I Am One", a través do selo local Limited Potential. O mini disco traía, ademais do tema que lle dá título, tamén o tema "Not Worthing Asking". En agosto, tanto recentemente formado proxecto paralelo de Billy Corgan, Starchildren, como The Smashing Pumpkins fixeron concertos polos Estados Unidos. Nesa época, os Pumpkins xa tocaban algunhas das cancións que irían aparecer no seu primeiro disco, á parte de de versións como "Sookie Sookie" de Steppenwolf e "Godzilla" de Blue Öyster Cult. Billy dicía que a súa banda tiña influencias do movemento grunge que comezaba a saír de Seattle, e de bandas de hard rock antigas, como Cream, Blue Cheer e Led Zeppelin.

Tras venderse todas as copias de "I Am One", en decembro a banda lanzou un novo sinxelo, titulado "Tristessa". Desa vez o lanzamento aconteceu polo famoso selo Sub Pop de Seattle. Foron editadas dúas versións, unha de 7" e outra de 12" (que tiñan as súas respectivas caras-b: "La Dolly Vita" e "Honeyspider"). O primeiro formou parte do Sub Pop Singles Club, que era un sistema de distribución de sinxelos de bandas aínda descoñecidas para o gran público (un sinxelo famoso que formou parte dese sistema foi "Love Buzz" de Nirvana).

Aínda en decembro, a banda conseguiu un contrato para o lanzamento do seu primeiro álbum. Ese contrato foi feito coa Caroline Records, de Nova York. O grupo quería colocar no mercado o seu primeiro disco rapidamente, e para iso contrataron as sesións de gravación co produtor Butch Vig (que tamén estaba traballando con Nirvana nesa época) no Smart Studio, en Madison, Wisconsin), para comezar ese mesmo mes de decembro de 1990. O disco tería un custe de 20.000 dólares.

Nesa época, Billy xa decidira cal sería o nome do álbum. En homenaxe á actriz Lillian Gish o disco de estrea de The Smashing Pumpkins chamaríase Gish.

O primeiro disco O lanzamento de Gish Gish é finalmente lanzado no día 28 de maio de 1991, aínda que a banda xa estaba de xira dende o día 9, actuando como abreconcertos de Guns 'n' Roses. Dise que ese primeiro disco dos Pumpkins non foi un grande éxito comercial ao ser ofuscado polo lanzamento case simultáneo de Nevermind de Nirvana (tamén producido por Butch Vig). De calquera xeito, a expectativa inicial da Caroline de vender 30.000 copias foi superada en moito.

A promoción Despois dos concertos ao lado de Guns 'n' Roses, The Smashing Pumpkins parte para unha xira mundial de divulgación de Gish, que duraría 18 meses e case leva ao fin precoz da banda. Ao longo desa xira, comezaron a aparecer problemas entre os catro integrantes, ao mesmo tempo que se facía evidente que eles non se levaban moi ben. Paralelamente á xira, o conxunto foi axendando varios concertos, aparicións en programas de televisión e radio, entrevistas e reportaxes en revistas etc. Aos poucos, The Smashing Pumpkins ía gañando fama.

Nesa época, a banda xa asinara un contrato coa Hut, unha subsidiaria da Virgin Records. O primeiro lanzamento polo novo selo foi unha edición limitada do sinxelo de "Siva", que viña con outra canción de Gish, chamada "Windowpaine". Lanzamentos dese tipo servían para aumentar as vendas de Gish, mentres o prestixio de The Smashing Pumpkins era cada vez maior no circuíto alternativo estadounidense.

miniatura|200px|Billy Corgan en 1992.

En outubro a banda fixo algúns concertos con Red Hot Chili Peppers e Pearl Jam. O día 17 de decembro a banda presentouse no famoso Whiskey a Go-Go nos Ánxeles, e para pechar o ano de 1991 fixeron un novo lanzamento pola Hut Records: un EP chamado Lull. Este contiña os temas "Rhinoceros", "Blue", "Slunk" e "Bye June" (esta última canción sacada da demo Moon). A portada dese EP ten unha parte da letra de "Obscured", un tema que aparecerá en futuros lanzamentos da banda.

1992 comeza e a primeira aparición dos Pumpkins nos medios é unha reportaxe na revista Spiral Scratch. O artigo titulado "Fuck Off... We're From Chicago!" conta a traxectoria da banda, ten entrevistas con Billy Corgan e Jimmy Chamberlin e unha recensión de Gish, destacando o feito de que Billy Corgan estivese preto de catro meses dentro do estudio perfeccionando cada canción deste traballo.

En marzo, unha nova reportaxe noutra gran revista, desa vez na Guitar Player. Nela, Billy Corgan describe o proceso de gravación de Gish. Aínda en marzo, mentres estaban aínda na xira mundial, algúns membros da banda facían aparicións especiais, como no día 28, cando D'arcy, Billy e James subiron a un escenario xunto con Pearl Jam. Ao lado do grupo de Seattle, eles tocan "Windowpaine", e unha versión dos Beatles chamada "I Got a Feeling".

En agosto, The Smashing Pumpkins participou no famoso Reading Festival, en Inglaterra. En setembro, a xira mundial chegaría ao seu fin. A banda estaba exhausta, e ao mesmo tempo que gañaran un razoable prestixio e fama, as relacións entre eles estaban algo desgastadas. Jimmy Chamberlin revelárase un alcohólico problemático, e James e D'arcy (que durante algún tempo estiveron namorados) non se soportaban. Billy Corgan tamén estaba no límite.

O recoñecemento Problemas na banda