Aventino (en latín Aventinus), fillo de Hércules e Rea, foi un dos reis míticos de Alba Longa. Segundo a tradición, foi enterrado no monte que máis tarde levaría o seu nome (Monte Aventino). Dise que sucedeu a Rómulo Silvio. Reinou durante trinta e sete anos, e foi sucedido por Procas, o pai de Amulio e Numitor.

Lenda Servio, na súa análise da Eneida de Virxilio (Libro VII, 656), fala dun personaxe chamado Aventino, un rei dos primeiros habitantes de Roma, que foi asasinado e enterrado nun monte chamado máis tarde o Monte Aventino. O rei Aventino de Alba Longa podería identificarse con este personaxe da Eneida.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Tito Livio, Historia de Roma desde a súa fundación, I, 3. Dionisio de Halicarnaso, Antigüidades romanas, I, 71. Ovidio, Fastos, IV, 51. Smith, Biographical Dictionary. Outros artigos Reis latinos.

Categoría:Reis de Alba Longa